Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Os datos contables expostos publicamente poñen en dúbida as afirmacións públicas do goberno local en relación coa dificultade económica do concello
O PP pediralle en pleno ao goberno local que clarifique a contabilidade xa que pese a amosar liquidez o alcalde segue acumulando facturas e débedas cos provedores
O PP instará ao goberno municipal a que de ser fiel a contabilidade exposta publicamente, pague inmediatamente as débedas pendentes co remanente de tesourería que supera o 1.900.000 euros
Se como afirma o goberno local, esta contabilidade é irreal, e por conseguinte non reflexa a imaxe fiel da situación do concello, o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá que de xeito inmediato se proceda a obrigada corrección da contabilidade, ben sexa depurando saldos ou calquera outras medidas que indiquen os servizos xurídicos do concello
O equipo de goberno pese a gastar máis de 40.000 euros na contratación dunha empresa contable externa e incluso recibir unha subvención de máis de 30.000 euros da Deputación provincial, non logrou presentar unha contabilidade real e fiel , o que demostra a inoperancia do BNG e do PSOE no concello mindoniense
Mondoñedo, 13 de setembro de 2012- O Grupo Municipal do Partido Popular pediralle en pleno ao goberno local, liderado polo nacionalista Orlando González, que clarifique a contabilidade do Concello, xa que pese a amosar liquidez, o rexedor segue acumulando facturas e débedas cos provedores. En concreto, o PP instará ao goberno municipal a que de ser fiel a contabilidade exposta publicamente, pague inmediatamente as débedas pendentes, e que incluso cancele o préstamo contratado para pago a provedores, co remanente de tesourería que supera o 1.900.000 euros.
Pola contra, se como afirma publicamente o goberno local, a contabilidade feita pública é irreal, e por conseguinte non reflexa a imaxe fiel da situación do concello, o Grupo Municipal do Partido Popular instará ao equipo de goberno a que de xeito inmediato se proceda a obrigada corrección da contabilidade, ben sexa depurando saldos ou calquera outra medida, que indiquen os servizos xurídicos do concello.
A contabilidade exposta publicamente polo goberno do PSOE e do BNG en Mondoñedo reflexa un remanente de tesourería superior aos 1.900.000 euros, en concreto, 1.911.201, 65 euros, unha vez descontado un saldo de “dubidoso cobro” de 262.908 euros. O remanente total de tesourería feito público sen este desconto sería de 2.174.110,16 euros.
Esta situación confróntanse co feito de que dende o concello de Mondoñedo non pague aos provedores cando esta información amosa que o ente ten liquidez para facelo, tendo en conta que o remanente de tesourería é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas.
A portavoz local, Elena Candia, explica que se o resultado feito público é falso, esta situación debe derivarse na correspondente responsabilidade. A contabilidade debe reflexar a imaxe fiel e real da situación económica do Concello, polo tanto, se tal e como anuncian nos medios, esta contía está mal, a contabilidade presentada incumpre a lei e en concreto o artigo 205 da Lei Reguladora de Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que regula que a contabilidade dos entes locais estará organizada ao servizo entre outros, do fin de establecer o balance da entidade local, poñendo de manifesto a composición e a situación do seu patrimonio, así como as súas variacións.
O Partido Popular denuncia a incongruencia nos datos que recolle a contabilidade en relación coas afirmacións que o rexedor local vén expoñendo dende que asumiu o goberno, ao alardear en todos os medios de comunicación e espazos públicos da mala situación económica que presentan as arcas municipais do concello de Mondoñedo. O PP denuncia esta irresponsabilidade e de ser certo o resultado obtido, esta circunstancia “preocupante” amosa a incapacidade dun goberno que alardea da mala situación das arcas municipais e que non paga cando ten liquidez para facelo



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



