Os socialistas interésanse por un tema polo que o goberno do Partido Popular levou a dianteira desde o primeiro momento
BALSEIRO: “O PSOE DÁSE CONTA DO IMPORTANTE QUE É O SECTOR PESQUEIRO GALEGO AO REMATE DA LEXISLATURA”
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario di que Manuel Vázquez “vai recoller os froitos de todo un exército de formigas (o sector) que estivo sementando o seu apoio en Bruxelas durante os últimos anos”
Os populares dan a benvida ao PSOE á postura dos que defenden a necesidade dun acordo máis positivo con Mauritania e lémbranlles que desde fai meses os Estados da UE xa están de acordo con darlle un apoio e tratamento diferenciado á pesca artesanal e ao marisqueo.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que o PSOE, co seu candidato á cabeza, Manuel Vázquez, “deuse conta do importante que é o sector pesqueiro galego ao remate da lexislatura e, nesa liña, dixo que os socialistas foron a Bruxelas a interesarse por uns temas polos que o goberno do Partido Popular e a Xunta “levou a dianteira desde o primeiro momento”.
Os “supostos logros” dos que falaba Manuel Vázquez tras a súa visita á capital europea non son tal, segundo Jose Manuel Balseiro, quen non dubidou en comparar ao candidato do PSOE co conto da formiga e da cigarra: “Manuel Vázquez semella a cigarra que vai recoller os froitos do que todo un exercito de formigas -o sector- estivo sementando ao longo dos últimos tres anos e medio en Europa”.
DEFENDER A POSTURA DO SECTOR PESQUEIRO
En relación co apoio ao sector diante das institucións comunitarias os populares aseguran que a postura que hai que defender é a aprobada por unanimidade polos representantes dos sector no Consello Galego de Pesca da semana pasada. “O Partido Popular defenderá dita postura, que é a que referendou o sector. Cremos que non ten sentido ir batallar cada un pola súa conta, tal e como fixo a oposición recentemente, senón todos xuntos, tendo o aval do sector”-dixo Balseiro Orol
ACORDO CON MAURITANIA
Desde o Grupo Parlamentario Popular non dubidan en dar a benvida ao PSOE a quenes defenden a necesidade dun acordo máis positivo con Mauritania. “Volven a chegar cun mes de atraso, pero é un comportamento típico do PSOE. Aínda que non deberan esquecer que desde o minuto un xa lle pediron desde a Consellería do Medio Rural e do Mar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que se anulase o actual acordo e se reabriran as negociacións con Mauritania por parte da Unión Europea, que é a encargada de levar a cabo as negociacións e a firma dun novo acordo”.
A ese respecto Balseiro tamén sinalou que o PSdeG-PSOE “se equivoca de porta na que pedir”, ao dicirlle á Xunta e ao Estado que debe reabrir as negociacións. En lugar disto -aconsella o deputado popular- “Manuel Vázquez debera pedir explicacións aos seus compañeiros de partido, por que foi o PSOE cando gobernaba en España quen lle deu o visto bo aos acordos das cinco primeiras roldas negociadoras, onde se pecharon os principais termos deste acordo que hoxe lamentamos”.
MARISCADORAS
Manuel Vázquez, tamén parece decatarse agora, de que haberá un tratamento singular para as mariscadoras e para a pesca costeira artesanal, algo que a Xunta de Galicia e o sector pesqueiro viñan demandando dende hai máis de un ano e no que os Estados membros xa están de acordo desde hai meses.
“Posiblemente o Señor Vázquez non saiba que non é a primeira vez que o marisqueo recibiu fondos europeos” -dixo Balseiro- “De feito con estas achegas comunitarias leváronse a cabo proxectos colectivos coas confrarías e outras entidades nos que o marisqueo era o principal destinatario de axudas; con estes fondos, concretamente os destinados a vixilancia, se están a vixiar os bancos marisqueiros; as asistencias técnicas para a xestión de recursos mariños teñen como obxecto maioritario o seguimento de bancos marisqueiros; hai que lembrar que os proxectos de rexeneración de zonas de marisqueo improdutivas e as achegas para o mantemento da potencialidade produtiva de zonas C foron sufragados en parte con fondos europeos”.
“É posible que Pachi Vázquez descoñeza todos estes investimentos, que supuxeron un aporte de ducias de millóns de euros para o sector marisqueiro nestes anos, pero resulta máis difícil de entender o seu descoñecemento por parte do seu equipo que o acompañou, entre os que se atopaba a anterior conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o que non fai máis que reafirmarnos na idea de que executaban non sabía o que executaban, nin o que facían



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



