O goberno de Feijóo pon “en grave risco” os programas de diversificación curricular na educación secundaria
– O recorte do 10% no profesorado da ESO fai que os docentes teñan serias dificultades para asumir estas clases de reforzo
-“Como sempre, o goberno da Xunta só pensa nunha educación elitista e deixa de lado os rapaces máis desfavorecidos e que máis o necesitan”, lamenta Carlos Ferreiro, secretario de Educación e Lingua do PSdeG-PSOE en Lugo
-Na provincia luguesa hai baixas de profesorado que non se cubren en períodos de ata vinte días, coa conseguinte precariedade e redución da calidade do ensino
O PSdeG-PSOE de Lugo recolle as preocupacións do profesorado na provincia no día en que se inician as clases de secundaria e bacharelato e alerta de que o goberno de Feijóo está a pór “en grave risco” os programas de diversificación curricular, dirixidos aos rapaces que teñen máis dificultades nos estudos da ESO. Os socialistas advirten de que o recorte do 10% no profesorado destes cursos fai que os docentes teñan cada vez máis dificultades para poder asumir os horarios destas clases de reforzo. A tendencia de continuos recortes no ensino público fai que haxa “un perigo real” de acabar con estes programas, “que xa agora se están a soster cun grande esforzo por parte dos profesores”, asegura Carlos Ferreiro, secretario de Educación e Lingua do PSdeG-PSOE en Lugo.
“Como sempre, o goberno da Xunta só pensa nunha educación elitista e deixa de lado os rapaces máis desfavorecidos e que máis o necesitan”, lamenta Carlos Ferreiro, que informa tamén de que o que anuncia o goberno de Rajoy xa sucede en Galicia desde hai tempo. Na provincia xa hai baixas do profesorado que non se cubren en períodos de ata vinte días, sendo asumidas as clases por docentes doutras asignaturas, “coa conseguinte precariedade e redución da calidade no ensino”.
Comedor e libros
Este é só un problema máis engadido ao desmantelamento do ensino público por parte do Goberno de Feijóo, ao que se suman outras medidas que tamén afectan á educación secundaria, como recorte dun 40% nas becas para pagar o comedor escolar, unha partida que Educación reduciu a 700.000 euros, e a baixada das axudas para libros. Nin sequera as axudas máximas, ás que só accede unha minoría, chegan a cubrir nin a metade do custo dos libros de texto en secundaria. “Hai familias en Lugo que teñen que asumir gastos de ata 700 euros polos libros de dous fillos”, destaca Ferreiro.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



