Concepción Burgo: “Comezamos a campaña co paro, do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”
-A cabeza de lista por Lugo asegura que o PSdeG-PSOE “porá todo o esforzo no emprego” e esíxelle a Feijóo que deixe “as fotos, os enganos e as mentiras” con Alcoa, como fixo con Pemex. “Que vaian dicirlle á cara que está resolto aos traballadores que hoxe seguen coas protestas en San Cibrao”, afirma
A cabeza de lista do PSdeG-PSOE lugués, Concepción Burgo, participou esta mañá no reparto de información polo centro de Lugo xunto co presidente do PSdeG, José López Orozco, o senador Ricardo Varela, o número dous provincial, Carlos González Santín, e outros membros da candidatura e do partido. Burgo afirmou que os socialistas comezan o primeiro día de campaña “con moita confianza, sabendo que o PSdeG é a única forza que pode liderar o cambio en Galicia” e “coa principal preocupación dos galegos, o paro, ese problema do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”.
“Feijóo, ante a gravidade dos datos, prefire non falar do tema e dedicarse a outras cousas, xa que non ten argumentos para defenderse despois de dicir que ía rematar co desemprego en 45 días”, asegurou Burgo, que lembrou que “desde que goberna Feijóo hai 113.000 parados máis, estamos cada vez peor e con menos políticas de emprego, o que se reflicte tamén nos presupostos de Rajoy”. A candidata por Lugo sinala que o PSdeG “porá todo o esforzo no emprego”, cun programa de becas para os mozos, apoio aos pequenos empresarios e detendo a “sangría” de despidos de traballadores públicos.
Alcoa
Neste mesmo sentido, Burgo quixo acordarse “dos traballadores de Alcoa” que hoxe tiveron unha nova concentración á que acudiron os candidatos socialistas da Mariña. “Desde o PP teñen a desfachatez e a cara de seguir afirmando que xa está todo listo e que o ministro veu para traer a solución; que vaian dicirllo á cara aos traballadores que hoxe seguen coas protestas en San Cibrao e que temen polos seus postos de traballo”, afirmou. Burgo insistiu en que “o que precisa Alcoa non son palabras, acábase o tempo e teñen que chegar a un acordo a longo prazo que sexa garantía de investimentos e do mantemento da fábrica en San Cibrao; o resto é xogar co sufrimento das persoas e unha auténtica irresponsabilidade”, destacou, e esixiulle a Feijóo “deixar xa as fotos, os enganos e mentiras para apañar votos, como fixo con Pemex”.


















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



