Novas talas de eucalipto, afectan un castro protexido.
ADEGA e Mariñaptrimonio insta ao Servizo de Patrimonio para que actúen con dilixencia e eviten que a repoboación e a utilización de maquinaria pesada causen novos danos neste ben patrimonial
A Mariña, 24 de outubro de 2012.- ADEGA e Mariñapatrimonio denunciaron perante o Servizo de Patrimonio da Xunta os posibles danos ocasionados pola tala do monte de eucaliptos nos Castros ou Engrobias parroquia de San Martiño- concello de Foz (Lugo)
Para esta tala utilizouse maquinaria pesada sobre o xacemento e efectuáronse remocións de terra nun sector do parapeto, accións que puideron afectar o xacemento, protexido pola lei de Patrimonio.
A día de hoxe non se teñen feito labores de repoboación sobre o xacemento que, como é sabido, utilizarían maquinaria pesada e efectuaríanse remocións de terra que provocarían a destrución do xacemento,
ADEGA e Mariñapatrimonio instamos ao Servizo de Patrimonio para que actúen con dilixencia e, conforme contempla a Lei de Patrimonio, eviten que a repoboación e a utilización de maquinaria pesada causen danos neste ben patrimonial.
ADEGA e Mariñaptrimonio lamentamos unha vez máis estas agresións ao noso patrimonio e, asemade, lamentamos os prexuízos que ocasionan aos propietarios a falta dunha política axeitada que garanta a protección e conservación do patrimonio cultural.