HISTORIA DO CINE EN FOZ
O xornal El Progreso, do 4 de xaneiro de 1935, daba noticia de que o industrial focego Jesús Cageao, “Papaíto”, “acaba de inaugurar el primer cine sonoro; las primeras sesiones–decía–resultaron un éxito de taquilla” En 1895 os irmáns Lumier presentaran en París o sorprendente descobremento do cine, mudo por suposto, que chegaba a Galicia en 1910 (hai mais de cen anos) e o primeiro aparato, que espertou a lóxica expectación, puido ollarse en Vigo, no estudo do fotógrafo José Gil, a onde acudiron personalidades da época, entre elas don Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro e don Eugenio Carré Aldao, á sazón Presidente e Secretario da Real Academia Galega, respectivamente. Pasados uns anos, Cageao proxectaba películas mudas nun salón (La Sociedad) que a un tempo servía para as sesións de baile: rematadas aquélas retiraban as cadeiras e un organillo lanzaba ó ar os sons de pasodobles, valses, mazurcas e rigodóns que eran os ritmos que entón facían furor entre a xuventude dos “felices anos vinte”. As películas eran, moitas veces, ilustradas musicalmente por pianista ou outro instrumentista, presente na sala, ata a chegada do sonoro, co que a música pasou a formar parte importante na montaxe do cinema, e grandes compositores dedicaron, e dedican, os seus afáns a crear fermosas melodías que perduran ao longo dos tempos. Sería, como decimos, en 1935 cando o dinámico comerciante focense instala o cine sonoro. É nesa época que “Papaíto” construe un singular edificio na Avda. da Mariña (que hoxe, parcialmente, ocupa o Banco de Santander), sede do histórico Cine Cageao, para en 1962 (hai 50 anos) inaugúrar, pretiño deste, o magnífico sucesor daquél, que mais tarde pasaría a propiedade dos irmáns Pequenete; pero a historia da proxección cinematográfica en Foz víuse interrumpida. A irreverente voracidade inmobiliaria engulíu a que era espléndida sala, sen visos de relevo, e os focegos non poidemos celebrar as vodas de pratino do cine sonoro nen as de ouro da que foi a derradeira sala cinematográfica da vila.Unha mágoa.
Suso Fernández





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



