Tomo o primeiro café da mañá mentres vexo a prensa, atónito e anonadado. Enterome por EuropaPress que “Las pensiones gallegas de jubilación son 167 euros inferiores a la media”. Leo no xornal coruñes La Voz de Galicia que “España retrocede 14 puestos en el índice de igualdad de género”. Atopo tres perlas no suplemento de El Progreso na Mariña; por un lado que “El BNG no se plantea ningún cambio a nivel comarcal por los resultados del domingo” e por outro que “Rego obligará al comité provincial del PSOE a tratar la dimisión de Pachi Vázquez”, tamén, e noutra nova, que “La Falage se queda a un paso de la extinción”. Finalmente, o periódico de Lugo descubre que “La dejadez de los partidos hace que Lugo continúe sin autoridad portuaria”.
Quería pedir outro café pero desisto. Sinto eses ardores cafeteiros matinais que tanto me alegran os días. Esfórzome por disimular a dolor e pido unha auga. Non podía ser menos, catalana; aquí non hai.
Mentres, volvo ao rego. Resulta que a comunidade máis solvente do estado, case a menos endebedada, ten os cidadáns xubilados que cobran 167 euros menos ao mes.
Pasa que as igualdades desaparecen coa connivencia das persoas afectadas, que votan a quen potencia as desigualdades ou quédanse na casa agardando a ver se mellora o día.
Sucede que a desfeita do BNG na Mariña é culpa dos electores. So faltaría. Ramón Ermida e os seus mariachis nada teñen que ver, nin nesta derrota nin nas pasadas, nin nas próximas. O pobo non se decata.
Acontece, que Rego, Ismael o de Santiago, que pechaba a lista do PSOE por Lugo, que se retiraba da política galega, agora ameaza con promover a dimisión de Pachi Vázquez. Debe contar co apoio de Alfredo Llano e García Rivera.
Por outro lado, anuncian que a Falanxe está a un paso da extinción. Non lin máis. Non sei si é por defunción por eutanasia, por defunción natural, por fusión, por absorción por integración ou porque agora votan ao PP. É igual, non existe memoria, nin do 33 nin do 77 nin do 89. Manda güevos.
Non sei si serei capaz de rematar. Chéganme os ardores ata o esófago. Servíronme auga con gas e non podo tomala. Co primeiro trago cambioume o rictus da cara.
Vou aguantando. Retomo e leo que Lugo non ten autoridade portuaria pola deixadez dos partidos. Certo. Certo e cómodo. Lugo non ten, entre outros servizos, o da autoridade portuaria pola falla de interese e connivencia dos poderes, todos, que o permiten, protexen, potencian e explotan. Non so os partidos. Os cidadáns da Mariña debería dicir algo sobre isto, e máis, por diante de Lugo, que queda lonxe. A nova non deixa de ser o comezo dun novo ciclo económico.
Definitivamente teño que tomar a decisión de cambiar de bar, aquí líome moito.
Segundo S.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



