ADEGA RECORRE O SOBRESEIMENTO DA DENUNCIA PENAL CONTRA O ALCALDE DE BARREIROS E A ARQUITECTA MUNICIPAL
En Lugo a 17 de outubro de 2012.- ADEGA presenta Recurso de Reforma contra o auto do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo decretando o sobresemento da denuncia penal contra do Alcalde, D. Alfonso Fuente, e comisión de Goberno do Concello de Barreiros e contra da Arquitecta Municipal, Dna. Marta Geada, e pídelle á Administración de Xustiza que garanta a independencia dos xuíces contra da intromisión do poder político.
O 17 de Novembro do 2009, o Ministerio fiscal, a través do Fiscal Xefe da Fiscalía de Lugo, D. Javier Ozores Rey, despois de describir as ilegalidades urbanísticas en 44 das licenzas outorgadas no concello de Barreiros a partir do ano 2006 presenta denuncia no Xulgado de Mondoñedo contra da Arquitecta Municipal; Dna Marta Geada, e contra do Comisión de Goberno do Concello de Ribadeo por un presunto delito contra a ordenación do territorio e presunta prevaricación urbanística na emisión dos informes urbanísticos por parte da Arquitecta Municipal e na posterior concesión de licenzas por parte da Comisión de Goberno.
O pasado 2 de Outubro, case tres anos despois, o xuíz do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo, D. Manuel Castro Calvo (á fronte deste Xulgado de Instrución dende Xuño do 2011) decretaba o sobresemento provisional da causa a través dun auto que, -nun expediente de miles de folios, con ducias de persoas chamadas a declarar-, non pode menos que alarmarnos a todas e a todos pola súa brevidade e pola súa falta de argumentación.
Dende ADEGA, como parte persoada nesta causa, vense de presentar RECURSO DE REFORMA contra este AUTO con base nos seguintes argumentos:
– Por indefensión, ao non podermos coñecer, a través do Auto de sobresemento, as razóns polas que para o Xuíz de Instrución non “aparece debidamente xustificada la perpetración del delito”.
-Por desmentir a afirmación do Xuíz de Instrución en base, non xa a novas probas, senón ás mesmas que xa figuran nas dilixencias previas practicadas ata agora e que a denuncia do Ministerio Fiscal xa mencionaba na súa denuncia: a ilegalidade das licenzas outorgadas sobre parcelas que para nada podían ter a cualificación de solar ao carecer dos máis elementais servizos urbanísticos:
· en parcelas sen acceso rodado e beirarrúas en algúns casos imposible de executar sen a expropiación de propiedades particulares;
· en parcelas sen rede de saneamento algún ou cunha rede sen capacidade para a nova poboación prevista na licenza, chegando a outorgarse licenzas nas que se propoñía a construción de fosas sépticas e/ou de minidepuradoras sen sequera contar con autorización de vertido para as augas limpas;
· en parcelas sen acceso a unha rede de abastecemento de auga potable, sen acceso á rede de subministro eléctrico e de alumeado público e/ou sen acceso a unha rede de telecomunicacións;
E, ademais, outorgándose licenzas:
· con exceso de edificabilidade en altura: permitindo sotos completamente sobre a rasante do terreo e/ou a transformación dos áticos nunha planta máis con ventás completamente verticais;
· con exceso de superficie edificable, retranqueos insuficientes ou mesmo permitindo a ocupación de solo rústico protexido.
Todas estas ilegalidades aparecen suficientemente descritas na denuncia presentada polo Ministerio Fiscal e en calquera das licenzas denunciadas hai, para ADEGA, indicios dabondo de delito na falsidade dos informes da arquitecta municipal e na posterior concesión de licenza por parte da comisión de Goberno a pesar do informe desfavorable da Asesoría Xurídica do Concello (secretaria municipal) ou mesmo cando había denegación expresa da Dirección Xeral de Urbanismo (denuncias 42, 43 e 44 da Fiscalía).
Ante estes feitos que constan nas dilixencias previas ben documentados e probados, sorprende (e é para nós un motivo de alarma) que para o Sr. Xuíz do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo “non apareza debidamente xustificada a perpetración de delito” e que no Auto de sobresemento desta causa non haxa nen a máis mínima motivación ao respecto, ben fose negando a ilegalidade das licenzas denunciadas, ben sinalando a falta de probas, ben argumentando a non constitución de delito.
Dende ADEGA non podemos entender que.
-cando hai un Decreto 15/2007 de suspensión das Normas Subsidiarias do Concello de Barreiros no que se describen con detalle todas estas ilegalidades e as consecuencias que delas se derivan para a calidade de vida dos veciños de Barreiros e para as arcas municipais e da facenda pública;
-cando no único procedemento contencioso administrativo que puido chegar ao final (porque os demais foron retirados polo este Goberno do Sr. Feijóo, dito sexa de paso sen explicar nunca xustificación xurídica algunha) se FALLA ANULANDO A LICENZA;
-cando o propio PLAN SECTORIAL PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS BÁSICAS DE SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E REDE VIARIA NO MUNICIPIO DE BARREIROS (presentado polo actual Goberno da Xunta para financiar con cartos de todos as obras de urbanización que tiñan que ter financiado e executado os promotores previamente á concesión de licenzas realizando, ademais, a preceptiva cesión de solo e reparto de cargas para viais, equipamento, zonas verdes, etc) constitúe a proba evidente da falta destes servizos e dotacións básicas para o outorgamento de licenzas, o Sr. Xuíz, D. Manuel Castro Calvo, en lugar de investigar outros a comisión doutros posibles delitos contra a facenda pública ou delitos de cohecho e tráfico de influencias, veña a DECRETAR que non encontra indicios de delito de prevaricación urbanística e contra a ordenación do territorio.
E, dende logo, dende ADEGA non queremos pensar que este AUTO de SOBRESEMENTO poda ter motivacións alleas ás da necesaria e imprescindible independencia xudicial. Calquera pode entender que, a nivel político, neste proceso xudicial xógase moito máis que a inculpación da arquitecta municipal ou da Comisión de Goberno do Concello de Barreiros:
-xóganse os intereses económicos de Bancos e Caixas de Aforros que anticiparon os cartos para esta irracional explosión urbanística no concello de Barreiros,
-xógase o futuro do Plan Sectorial promovido polo Goberno da Xunta, porque vai ser difícil xustificar tal Plan Sectorial financiado con cartos de todos (nun momento de austeridade orzamentaria) para unhas obras de urbanización ilegais;
-e xógase, en fín, a credibilidade na ética dun partido político e dun presidente da Xunta que para salvar os intereses dos promotores, dos bancos e de Caixa Galicia non tiveron escrúpulos en acusar de persecución política tanto ao anterior goberno bipartito coma aos funcionarios e anteriores responsábeis da Axencia Pública para a Defensa da Legalidade Urbanística e da Dirección Xeral de Urbanismo.
Mais, se o partido do actual Goberno da Xunta se xoga os intereses económicos de promotores, bancos e Caixas de Aforro, os cidadáns xogámonos algo absolutamente imprescindible en calquera democracia. Xogámonos que as leis sexan de aplicación para todos por igual, a propia validez da legalidade, a independencia xudicial e a igualdade de trato ante a Administración de Xustiza.
Dende estas consideracións, ADEGA advirte á Comisión de Goberno do Concello de Barreiros e á propia Xunta de Galicia que poñerá todo o seu esforzo e empeño en que estas actuacións non queden impunes.
Para máis información: Daniel López Vispo: vogal de ordenación territorial e membro da Directiva de ADEGA.
ANEXO XURIDICO
«Art. 319:
1. Se impondrán las penas de prisión de un año y seis meses a cuatro años, multa de doce a veinticuatro meses, salvo que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad resultante en cuyo caso la multa será del tanto al triplo del montante de dicho beneficio, e inhabilitación especial para profesión u oficio por tiempo de uno a cuatro años, a los promotores, constructores o técnicos directores que lleven a cabo obras de urbanización, construcción o edificación no autorizables en suelos destinados a viales, zonas verdes, bienes de dominio público o lugares que tengan legal o administrativamente reconocido su valor paisajístico, ecológico, artístico, histórico o cultural, o por los mismos motivos hayan sido considerados de especial protección.
2. Se impondrá la pena de prisión de uno a tres años, multa de doce a veinticuatro meses, salvo que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad resultante en cuyo caso la multa será del tanto al triplo del montante de dicho beneficio, e inhabilitación especial para profesión u oficio por tiempo de uno a cuatro años, a los promotores, constructores o técnicos directores que lleven a cabo obras de urbanización, construcción o edificación no autorizables en el suelo no urbanizable.
3. En cualquier caso, los jueces o tribunales, motivadamente, podrán ordenar, a cargo del autor del hecho, la demolición de la obra y la reposición a su estado originario de la realidad física alterada, sin perjuicio de las indemnizaciones debidas a terceros de buena fe. En todo caso se dispondrá el comiso de las ganancias provenientes del delito cualesquiera que sean las transformaciones que hubieren podido experimentar.
4. En los supuestos previstos en este artículo, cuando fuere responsable una persona jurídica de acuerdo con lo establecido en el artículo 31 bis de este Código se le impondrá la pena de multa de uno a tres años, salvo que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad resultante en cuyo caso la multa será del doble al cuádruple del montante de dicho beneficio.
Atendidas las reglas establecidas en el artículo 66 bis, los jueces y tribunales podrán asimismo imponer las penas recogidas en las letras b) a g) del apartado 7 del artículo 33.»
Artículo 320:
«1. La autoridad o funcionario público que, a sabiendas de su injusticia, haya informado favorablemente instrumentos de planeamiento, proyectos de urbanización, parcelación, reparcelación, construcción o edificación o la concesión de licencias contrarias a las normas de ordenación territorial o urbanística vigentes, o que con motivo de inspecciones haya silenciado la infracción de dichas normas o que haya omitido la realización de inspecciones de carácter obligatorio será castigado con la pena establecida en el artículo 404 de este Código y, además, con la de prisión de un año y seis meses a cuatro años y la de multa de doce a veinticuatro meses.
2. Con las mismas penas se castigará a la autoridad o funcionario público que por sí mismo o como miembro de un organismo colegiado haya resuelto o votado a favor de la aprobación de los instrumentos de planeamiento, los proyectos de urbanización, parcelación, reparcelación, construcción o edificación o la concesión de las licencias a que se refiere el apartado anterior, a sabiendas de su injusticia».


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



