SUÁREZ BARCIA TILDA DE ELECTORALISTA O ANUNCIO REALIZADO POLO PP DE QUE RIBADEO SUMARÁ OUTRAS ONCE NOVAS PRAZAS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O ALCALDE ASEGURA QUE O QUE FARÁ A XUNTA SERÁ DEVOLVERLLE AO CONCELLO AS HORAS DE PRESTACIÓN QUE ESTE ANO LLE RESTOU. A BARCIA PARÉCELLE MOI MAL QUE “A XUNTA QUEIRA CADRAR OS SEUS BALANCES PRECARIZANDO Á XENTE MAIOR, Á XENTE QUE VIVE SOA E Á XENTE QUE MÁIS O NECESITA”.
Ribadeo, 11 de outubro de 2012. O alcalde, Fernando Súarez, tilda de electoralista o anuncio realizado polo PP sobre que Ribadeo sumará outras once novas prazas para persoas dependentes. Barcia asegura que os últimos tres anos e medio Concellos e cidadáns asistiron a unha constante precarización e aos importantes recortes efectuados en materia de benestar social por parte da Xunta de Galicia.
O rexedor dixo que “durante estes tres anos e medio de goberno autonómico do PP asistimos a unha absoluta precarización e un recorte en materia de benestar social e de servizos sociais. E sábeno moi ben todas aquelas persoas, centos, que a día de hoxe están con plans individuais de actuación sen aprobar”.
Fernando Suárez sinalou que “desde os Concellos asistimos a un recorte absoluto das partidas da Xunta que tiñamos para a axuda no fogar e podemos ver como servizos que viñan funcionando moi ben, como a teleasistencia, agora para as novas altas só se dará para anciáns que sexan dependentes. Ás veces é algo absurdo porque si son dependentes moitas veces non poden vivir sós. Desde a Xunta teñen a excusa de manter servizos, pero cada vez máis reducidos para un universo moito menor de persoas”.
Para o alcalde ribadense “todo isto contrasta con estes anuncios absolutamente electorais e de campaña coma os que hoxe vemos na prensa. Por certo, coñecemos a nova a través da prensa sen que os servizos sociais municipais se enteren polos cauces formais polos que deben vir. Enterámonos de que o PP di alegremente que vai haber 11 novas prazas para persoas dependentes en Ribadeo, sen dicir si esas prazas son en residencias, si son no hospital asilo de, que é municipal e está saturado e non pode haber máis, si esas prazas son no centro de día, que é consorciado entre a Xunta e Concello, e tampouco alí podería ser porque a día de hoxe hai lista de espera e non se habilitan máis prazas”.
Suárez Barcia indicou que “os candidatos do PP tocan de oído por informacións que lles dan desde a Xunta e non saben moi ben a que refiren. Nós entendemos que o que vai facer o goberno galego neste servizo, que sí que ten que asumir, que é a axuda no fogar para persoas dependentes nos que, por facer un resumo, estaban a asumir un total de 1.200 horas mensuais no ano 2011 e despois neste 2012 baixaron a 800 horas/mes, algo que xenerou unha lista de espera importante. E agora a 10 días das eleccións anuncian a grandes titulares esta noticia, pero o que van facer é devolver as horas que nos sacaron e que antes tiñamos”. O alcalde subliña que “mais que crear nada a maiores é restituir unha situación que había antes e que eliminaron nos últimos meses”.
O rexedor amósase disgustado e sinala que “é moi decepcionante comprobar como se pretende enganar á xente desta maneira. Claro que con estes recortes á Xunta lle cadran as contas, pero é moi triste que a cambio de dar o diñeiro que lle están a dar á banca e de indultar aos defraudadores de grandes capitais ao final queiran cadrar os balances precarizando desta maneira á xente maior, á xente que vive soa e á xente que máis o necesita. Parémece moi mal e que o fagan ademais a 10 días das eleccións autonómicas”.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



