Concepción Burgo: “Feijóo investiu un 40% menos no turismo galego e borrou Lugo do mapa turístico”
-“O turismo caeu en Galicia polas políticas de abandono da Xunta, a pesar de que en España é un dos poucos sectores que segue a crecer”, destacou a cabeza de lista do PSdeG-PSOE, que se reuniu con representantes do sector da hostelería
A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o número dous da candidatura, Carlos González Santín, reuníronse esta mañá na Cámara de Comercio con representantes da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, “un sector fundamental para a provincia”, como destacou a socialista, que sofre a suba de taxas, a falta de plans de desenrolo e apoio e a caída do sector turístico. Burgo incidiu en que “desde que Feijóo está na Xunta, o investimento en turismo en Galicia caeu un 40% e borrou Lugo do mapa, o que é “totalmente inadmisible”. A candidata destacou que a hostelería “ten un nivel de emprego moi alto, e como sucede sempre en especial con Lugo, está moi abandoado pola Xunta”.
“Como consecuencia destas políticas de abandono, nos últimos anos, incluso co Xacobeo por medio, o turismo caeu en Galicia, a pesar de que é un dos poucos sectores que segue a crecer no resto de España”, explicou Burgo, que apuntou ademais que nesta etapa as pernoctacións caeron un 37% e a hostelería pasou de representar o 12% do PIB galego ao 10%. “É unha política errada que nos leva cara atrás, e en Lugo o turismo debe ser un sector estratéxico tratado como tal, porque temos unha hostelería de primeira calidade e uns recursos monumentais e paisaxísticos espectaculares”, afirmou. A socialista citou como exemplos na cidade “o abandono do cuartel de San Fernando, declarado BIC, ou os esforzos que houbo que facer para que fixesen algo na muralla, que aínda ten moitas carencias”, ademais de destacar “o camiño de Santiago, totalmente abandoado, ou a falta de plans para potenciar zonas como a Ribeira Sacra, a Mariña ou a montaña lucense, que só reciben apoio desde a Deputación”.
















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



