Cervo celebrará unha festa de Samaín infantil con música, xogos e un desfile de disfraces
-O Concello convoca un concurso de debuxo para nenos e nenas de 3 a 11 anos incluído no Outono Cultural
Cervo, 31 de outubro de 2012-A Concellería de Cultura traballa xa na preparación da festa de Samaín dirixida ao público infantil que terá lugar este sábado día 3 ás 18:00 horas na Casa do Mar de San Ciprián. Unha actividade na que os nenos e nenas poderán participar en numerosos xogos, bailes e un desfile de disfraces no que todos os pequenos que acudan caracterizados como algún personaxe terrorífico poderán lucir os seus traxes.
Durante a xornada, o salón de actos da Casa do Mar estará engalanada para a ocasión, con motivos de medo e de terror e, ao mesmo tempo, haberá ambientación musical para crear unha atmosfera festiva. Os cativos e cativas tamén recibirán larpeiradas para facer máis doce a velada.
Ademais deste Samaín, aberto a todo o público infantil, o PAI tamén celebrará a súa propia festa. Será este venres, ás 18:00 horas e nela participará o alumnado, pais, nais e demais familiares. Durante a festa, o centro estará decorado e os cativos participarán nun obradoiro de confección de caretas con forma de cabaza.
Concurso de debuxo
Estas festas de Samaín son dúas das moitas actividades que forman parte do Outono Cultural, ao igual que o I Concurso infantil de debuxo “A Castaña”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. As bases deste certame xa se fixeron públicas e establecen que a temática principal dos debuxos debe ser a castaña. Cada alumno poderá presentar unha única ilustración, de técnica libre e en folio ou cartolina tamaño DIN-A 4.
O prazo para presentar os debuxos está aberto ata o día 9 de novembro e poderanse entregar na Casa da Cultura ou na Casa do Concello. En canto aos premios, hai fixados tres agasallos, un para a categoría de 3 a 5 anos, outro para os cativos de 6 a 9 anos e outro para os rapaces de 10 a 12 anos. Un xurado composto por tres persoas será o encargado de elixir os traballos gañadores.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



