Neste curso participaron 35 persoas (30 desempregados/as e 5 traballadores/as). O alcalde resaltou a importancia da formación neste eido, no que ten experiencia laboral, e xunto coa directora do ISSGA, agradeceron e felicitaron aos/ás asistentes por ter concluída a súa formación de forma satisfactoria. Interviñeron no acto o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja.
