MAÑÁ DA COMEZO A XXII FESTA DA FABA DE LOURENZÁ NA QUE SE PORÁN Á VENDA ENTRE 8 E 10 MIL KILOS DESTE PRODUTO E NA QUE HABERÁ DEGUSTACIÓNS O SÁBADO E O DOMINGO. EMMA ÁLVAREZ ANIMA Á XENTE A ACHEGARSE Á VILA ESTES DÍAS.
Lourenzá, 4 de outubro de 2012. Todo está listo en Lourenzá para a celebración da vixésimo segunda edición da festa da faba. Un evento, declarado de interés turístico galego, no que se porán á venda entre 8 e 10 mil kilos deste produto. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anima á xente a achegarse a Lourenzá estes días a disfrutar do programa de actividades que se desenvolverán e das degustacións que haberá tanto o sábado coma o domingo.
Álvarez Chao dixo que “aparentemente, se o tempo no cambia, teremos un fin de semana moi agradable aquí no Concello de Lourenzá para poder disfrutar duns días de festa en torno a un producto que é referente do noso municipio e xa empeza a ser referente tamén para outros moitos lugares da nosa comarca, que é a faba”.
A rexedora explicou que “mañá, vernes, xa temos a honra de ter con nós a un pregoeiro, José Mouriño Cuba, moi vinculado á nosa producción de faba e teremos pola noite festa. Pero tamén estes días teñen que ter unha inauguración oficial, que será por parte da conselleira de Medio Rural, dona Rosa Quintana Carballo, que estará con nós o sábado ás doce e media, xusto antes do plato forte, a primeira degustación da faba de Lourenzá, que tamén haberá o domingo”.
A Emma Álvarez Chao e ao seu equipo de goberno parécelles “primordial que nunha festa deste calibre para promocionar un producto gastronómico xire toda a programación en torno á súa degustación. Así tanto o sábado coma o domingo teremos degustacións de fabas de Lourenzá preparadas en fabada tradicional e tamén con ameixas. Paralelamente todos os establecementos hostaleiros do casco urbano van participar nun concurso e repartirán xunto coa consumición de forma gratuita tapas de fabas de Lourenzá. Cada establecemento elaborará tres especialidades diferentes para participar no concurso e o gañador saberase o domingo á tarde”.
A alcalde de Lourenzá tameén se refeirue ao papel que xogan os fabeiros nesta cita, xa que “durante meses con moito mimo e esmero sacan adiante este producto que nesta fin de semana eloxiamos. Polo tanto terán abertos os seus postos, no Cantón, durante todo o día tanto o sábado como o domingo. Aínda que no recinto feiral tamén haberá o tradicional mercado dominical a partires das oito e media da mañá, un mercado no que este ano agardamos que pasen por el unha cantidade importante de fabas. Tal como foi o clima nestes días previos, nos que se puido facer a recollida de xeito satisfactorio agardamos que poidan pasar entre 8 e 10.000 kilos de fabas por este mercado do domingo”.
Emma Álvarez lembrou que “tamén destacamos dentro da programación a terceira carreira popular Val das Fabas, que será o sábado ás catro e media da tarde, que traerá ao noso concello a máis de 200 atletas, si se cumplen as previsións tendo en conta a participación do ano pasado, deportistas que virán a correr e xa de paso coñecer o municipio e tamén disfrutar deste producto estrela, a xoia do noso concello, que é a faba de Lourenzá”.
A alcaldesa convida e anima “a todos a que se pasen por Lourenzá. O tempo creo que vai axudar e temos programa para que estean entretidos dende o venres ás oito e media da tarde ata o domingo tamén ás oito e media da tarde”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



