O TEATRO NA MARIÑA
O martes pasado, día 2 de outubro, tivemos a gozosa oportunidade de asistir a un acto no Museo do Mar de San Cibrao que, como era previsible, resultou moi concurrido, entrañable e mesmo emotivo: tratábase da presentación do libro de Francisco Piñeiro “Historia do teatro afeccionado na Mariña Lucense”, un meritorio, fondo e meticuloso traballo de campo que, perante catro anos, gastou incontables horas da vida dese home sempre inquedo, excepcional, que é o mestre, escritor, poeta, dramaturgo, actor e director teatral, o mindoniense Piñeiro, altruista, dinámico e xeneroso que está a realizar na nosa bisbarra un extraordinario labor a prol da cultura popular, pois en verbas de Lawrence Oliver “o teatro é o signo visible da cultura”.
O libro, de 250 páxinas, pulcramente editado, ven a enriquecer o patrimonio inmaterial da nosa comarca pola constatación da que é historia polo miúdo dunha actividade teatral nos pobos da Mariña cuxa maior ou menor intensidade estivo en función, da presencia de persoas amantes da arte de Talía que co seu labor guiaron os pasos, maiormente entre a xente xove das distintas xeracións, no cultivo da mesma. Posiblemente foron mestres e curas os persoeiros que no noso territorio, ao longo dos tempos, mais labor fixeron en tal sentido. O libro, que prologa o ilustre dramaturgo Manuel Lourenzo, ven a ser tamén un impagable recordatorio da súa participación nas representacións teatrais para moitas xentes hoxe vellos/as que o traballo de Piñeiro permitelles revivir aqueles tempos mozos que deixaron na sociedade o ronsel dunha entrega no seu día entusiasta e ilusionada.
Hai 55 anos, en carteliño que penduraba nunha parede do Café Gijón de Madrid, léramos:“O tempo é o espacio entre os recordos. Non destruas o espacio nen os recordos”.
A presentación foi un éxito nun local que se prevía pequeno, como así foi. Boa parte do público tivo que manterse en pe, soportando as incomodidades . Os asistentes non comprendían a situación cando alí pretiño, só cruzando a rúa, se atopa a magnífica sala de actos da Casa da Cultura, un espacio público como o é o museo, e polo tanto igualmente ao servizo da cidadanía. As intervencións de Manuel Lourenzo e de Piñeiro foron premiadas con senllos longos aplausos, especialmente ao autor, expresado cun entusiasmo que era homenaxe mínima ao admirado amigo cuxa humildade, virtude dos grandes homes, é unha das súas peculariedades.















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



