A CASA DE CULTURA ACOLLERÁ UNHA XORNADA SOBRE A CASTAÑA DE GALICIA PARA SACAR UN MAIOR APROVEITAMENTO DOS MONTES. SERÁ MAÑÁ, XOVES, ÁS OITO DA TARDE.
Lourenzá, 24 de outubro de 2012. Maña, xoves, día 25, ás oito da tarde na Casa de Cultura de Lourenzá haberá unha xornada divulgativa da marca de calidade Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
A alcaldesa, Emma Álvarez, explicou que “en aras de ofertar alternativas á xente do concello de Lourenzá e sobre todo tendo en conta o potencial que ten o noso monte imos ter esta xornada coa que pretendemos dar a coñecer outras alternativas que pode haber para a terra e sobre todo para o noso monte, novas formas de investigación e novas maneiras de sacar un rendemento económico a terras que a día de hoxe non se lles está sacando potencial para o proveito que teñen”.
Emma Álvarez aclarou que na charla “aparte de falar do que é o castaño para froito e de novas formas de comercializar tamén se vai facer fincapé na produción, sobre todo en algo que a min me parece importante, que son as sociedades de fomento forestal, unha das medidas que ten a nosa comunidade a día de hoxe precisamente para fomentar que non haxa monte improductivo no noso territorio e concretamente no concello de Lourenzá”.
Na xornada de mañá falarase de diversas cuestión relativas á producción e da comercialización da castaña, das axudas que hai e daranse a coñecer exemplos de xestión en Francia e Portugal.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



