MAIS DE 60 PERSOAS PARTICIPARON EN BURELA NUN SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA, ORGANIZADO POLO CONCELLO E POR BIC-GALICIA.
Burela, 31 de outubro de 2012. A Concellería de Emprego de Burela, que dirixe José Casas, en colaboración coa entidade Bic-Galicia está a traballar para difundir a cultura do emprendemento na zona da Mariña. Froito desta colaboración xurden as xornadas formativas Dinamizar para emprender, e concretamente o Seminario de motivación emprendedora, que se celebrou hai uns días no salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela.
Esta acción de sensibilización foi impartida por Mar Iglesias Criado, xerente da empresa Magna Gestio, en representación de Bic-Galicia, e “pretendeu dar a coñecer, a través de experiencias reais de emprendedores galegos, o proceso de transformación dunha idea de negocio nunha empresa en funcionamento, dende que xurde o espírito emprendedor ata a súa concreción nun plan de empresa”, segundo explican desde a Concellería de Traballo.
Máis de 60 persoas dende potenciais emprendedora@s ata desempregad@s, traballadores en activo, etc, interesadas en crear o seu posto de traballo ou en informarse sobre temas de autoemprego, acudiron a este seminario no que se abordaron temas como a figura do emprendedor, a idea de negocio e a posta en marcha do mesmo, ademais de expoñerse casos reais de emprendedores galegos extraídos do Banco de Proxectos Empresariais.
Como continuación a este Seminario, os emprendedores poden realizar diferentes tipos de cursos en función do grado de maduración do seu proxecto: Seminarios de xeración e maduración e avaliación de ideas e Seminarios de planificación empresarial para a creación de proxectos empresariais.
Os seminarios impártense de forma presencial en colaboración co Concello de Burela. Os cursos están subvencionados ao 100% polo que a súa realización non implica coste económico para os alumnos.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



