A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE REANUDOU O SEU TRABALLO ONTE, DEMANDANDO UNHA ENTREVISTA CO CONSELLEIRO OU CONSELLEIRA DE BENESTAR. FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE O COLECTIVO SEXA RECIBIDO EN CANTO TOME POSESIÓN O NOVO GOBERNO GALEGO.
Ribadeo, 31 de outubro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade reanudou o seu traballo. Na xuntanza mantida nas últimas horas demandaron unha entrevista para abordar este asunto co conselleiro ou conselleira de Benestar do novo goberno galego, segunda relataba esta mañá o alcalde de Ribadeo e membro da comisión, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “no día de onte volveuse reunir esta comisión que traballa para crear unha residencia de maiores en Ribadeo, que está composta polos diferentes portavoces dos grupos municipais da Corporación así como de representantes deste importante movemento asociativo e veciñal que tamén leva longo tempo traballando por unha residencia aquí, en Ribadeo”.
Suárez Barcia lembrou que “estas xuntanzas foran postas en suspenso durante a campaña electoral para non interferir nela e que ningún partido tirara desta circunstancia. Agora, despois da campaña electoral, o goberno que estaba na Xunta queda confirmado entón é necesario volver a traballar, volver a seguir xuntando os nosos esforzos, que a nivel municipal seguimos estando máis xuntos que nunca, entre todos os grupos da Corporación e entre os membros tamén deste movemento asociativo”.
O alcalde sinalou que “acordamos son varias cousas. A primeira delas é agardar a que o presidente da Xunta nomee novamente ao conselleiro ou conselleira do ramo, neste caso de Benestar, para inmediatamente, o día despois deste nomeamento, pedirlles formalmente que nos reciban, como tempo atrás nos tiñan prometido e nunca así o fixeron. Refírome a ser recibidos pola conselleira ou conselleiro deste ramo para plantexarlle a necesidade, que non vai a menos senón todo o contrario, vai a máis, de que Ribadeo aínda que é un sitio que medra, e así temos os datos, é un municipio que ten moita xente maior soa e que as capacidades que ten Ribadeo, como a residencia municipal rexida por unha congregación relixiosa, que funciona moi ben por certo, son absolutamente insuficientes para a demanda que Ribadeo ten”.
Fernando Suárez subliñou que “esta comisión reinicia, agora despois das eleccións autonómicas, a súa actividade e contamos que nos reciban unha vez constituído o novo goberno autonómico. E si non é así sí que a comisión acordou outra serie de medidas de presión, pero de momento a priori temos que dar o marxe de confianza que acordamos entre todos e todas nos”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



