O Concello axudará ás entidades educativas de Cervo con ata 7.500 euros
-O prazo para presentar as solicitudes ábrese mañá xoves día 18 de outubro e pecharase o 10 de novembro
-Hoxe comeza o prazo para solicitar a subvención para o transporte escolar
Cervo, 17 de outubro de 2012-O Concello destinará ata 7.500 euros ás axudas municipais destinadas a entidades educativas de centros de infantil, primaria e secundaria de Cervo, cun máximo de 1.250 euros por entidade. As bases desta convocatoria, correspondente ao exercicio de 2012, saíron hoxe publicadas no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello abrirase mañá xoves día 18 de outubro, e pecharase 20 días hábiles despois, é dicir, o 10 de novembro.
Os beneficiarios da subvención son os colexios e institutos do municipio así como ANPAS deses centros, e está dirixida a colaborar cos gastos derivados de actividades educativas, recreativas, culturais ou doutro tipo, sempre que redunden en beneficio da comunidade escolar. Tamén se poderán subvencionar gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores que non sexan investimentos.
Axudas ao transporte
O Concello informa tamén de que hoxe se abriu o prazo para presentar as solicitudes de axuda ao transporte escolar para o alumnado cervense que se despraza a outros concellos para estudar ensinanzas que non se imparten no municipio. Neste caso, o Concello destina un total de 3.000 euros a esta liña de subvención municipal. Esta convocatoria é a correspondente ao curso 2011-2012. O prazo rematará o 31 deste mes.
En canto aos detalles da convocatoria, pode optar á subvención o alumnado que cursara formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ou ensinanzas deportivas, todas elas tanto de grao medio como superior así como estudos universitarios, Bacharelato, ensinanzas artísticas superiores e estudos musicais impartidos en conservatorios e escolas de música.
“En conxunto, o Concello ten reservados 10.500 euros para estas dúas liñas de axuda” explica a edil de Educación, Pilar Armada, “unha contía importante coa que o goberno local busca contribuír tanto coas entidades educativas, dinamizando o ensino e fomentando a actividade, como axudar ás familias a afrontar gastos”. Deste xeito, son dúas liñas de subvencións sufragadas con fondos municipais destinadas a actividades e gastos en materia de educación, “un dos piares básicos da sociedade polo que é necesario facer esforzos, especialmente en tempos difíciles”.
Para máis información, poden acudir ás oficinas municipais ou consultar as convocatorias na seguinte ligazón: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7193_1.pdf#PAGE=1
O Campionato de Tute Concello de Cervo chega á súa edición número 18
-Os equipos pódense inscribir ata o día 22 deste mes e as partidas comezará o día 30
Cervo, 17 de outubro de 2012-O Concello de Cervo vén de anunciar unha nova edición do Campionato de Tute, que se adoita celebrar nos meses de outono como unha cita tradicional e fixada no calendario. A edil de Deportes, Yolanda Pedreira e o colaborador da organización, Félix Fernández, presentaron o cartel desta competición, que comezará o día 30 deste mes coas primeiras partidas. Pero antes, será necesario que os xogadores se inscriban, e o prazo xa está aberto ata o día 22 deste mes.
Poderán participar as asociacións, clubs, bares ou calquera persoa, sempre que se configuren equipos de catro parellas cada un e que dispoñan dun local para os enfrontamentos. Para realizar a inscrición poden achegarse ata a Casa do Concello, a Casa da Cultura de San Ciprián ou chamar ao teléfono 686 970 388.
Ao mesmo tempo, o Concello informa de que o día 22 ás 19:00 horas terá lugar unha xuntanza informativa na Casa da Cultura na que tamén se elaborará o calendario de enfrontamentos. Como todos os anos, haberá trofeos para os tres primeiros equipos clasificados así como para a parella con máis puntuación.
A edil de Deportes destaca que o Campionato de Tute “é un acontecemento moi agardado en Cervo e que adoita ter moi boa aceptación”. A concelleira lembra que na edición pasada participaran unhas 60 persoas e nesta ocasión “agardamos que se manteña o nivel de resposta”. Pedreira fixo fincapé ademais en que este é un “evento de socialización, no que os xogadores se reúnen, falan, divírtense e comparten bos momentos mentres participan nunha competición na que todos queren gañar”. A delegada de Deportes convida a todas as persoas que practican tute a que se apunten e participen neste campionato “que está máis que consolidado”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



