Con motivo da Folga Xeral convocada polos sindicatos maioritarios en diferentes países europeos o vindeiro mércores 14-N a Asemblea do Movemento 15-M na Mariña e Occidente de Asturias convoca á cidadanía a participar nunha xuntanza o domingo 11 ás 12:30 no Cantón de Ribadeo, cun único punto a tratar: divulgar as causas e obxectivos da folga xeral convocada e definir as achegas ao 14-N da Asemblea Cidadá Occidente Asturiano – Mariña Lucense. Tomaranse polo tanto nela decisións sobre a postura da Asemblea cara a esta mobilización e, no seu caso, sobre outras iniciativas complementarias á nosa participación nas manifestacións que se convoquen na bisbarra.
A asemblea do 15-M na Mariña e Occidente de Asturias convoca unha xuntanza en Ribadeo para tratar da folga xeral
A asemblea do 15-M na Mariña e Occidente de Asturias convoca unha xuntanza en Ribadeo para tratar da folga xeral
Relacionado
-
O PP de Muras esixe ao alcalde “explicacións” sobre as medidas adoptadas ante os danos na aldea etnográfica de Carelle
-
A Deputación inicia obras na estrada LU-P-5207 que une o núcleo urbano de Ribadeo con Vilela
-
Por Viveiro pide a construción dun parque infantil cuberto e melloras na accesibilidade da beirarrúa na LU-540, en Xunqueira