A AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Novelando a presión social’.
O ciclo pretende achegarse á actualidade da presión que sofre (e tamén exerce) a sociedade a traverso da expresión no sétimo arte. Foi proxectada a película ‘La Ola’, sobre a posibilidade dunha deriva autoritaria, amntendo despois un interesante debate no que os participantes conectamos a película con diversas instancias da realidade social, española e internacional.
Das películas restantes, Network, Un mundo feliz e El Acorazado Potemkin, este venres 16, novamente ás oito do serán, será proxectada a primeira, ‘Network, un mundo implacable’, interesante visión extrema sobre a presión dos medios e a súa interacción coa sociedade.
O ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de actuación: repartirase unha pequena introducción escrita e comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas e sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.
O desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de participación libre e gratuíta.
Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres16, 23 e 30 de novembro.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



