A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ENVIARÁ CARTAS AOS COMERCIANTES ESTE VENRES EXPLICÁNDOLLES COMO FUNCIONA A RECOLLIDA DE PAPEL E CARTÓN. O 6 DE NOVEMBRO NON HABERÁ ESA POSIBILIDADE PORQUE OS TRABALLADORES DO SERVIZO CELEBRAN A SÚA FESTIVIDADE ANUAL.
Burela, 1 de novembro de 2012. Os traballadores do servizo de limpeza de Burela celebran a súa festividade anual o vindeiro martes, 6 de novembro, polo tanto durante esa xornada non haberá recollida de lixo nin tampouco do papel-cartón, segundo informan desde a Concellería de Medio Ambiente.
Patricia López Eijo anima aos comerciantes a empregar a recollida do papel e do cartón porta a porta. Unha posibilidade que pon ao seu alcance o Concello de Burela. A edil de Medio Ambiente sinala que “o que teñen que facer é acomodar o papel-cartón pregado e depositalo ao caron dos seus establecementos os martes, os xoves e os sábados, entre as 9 e as 10 da mañá, para facilitar así a súa retirada”. López Eijo subliña que “o martes 6 de novembro ese servizo non funcionará porque os traballadores do servizo de limpeza celebran a súa festa anual”. E pídelles aos comerciantes “que non depositen o papel-cartón nos colectores a pé de rúa ou ao seu carón”.
A concelleira de Medio Ambiente subliña que “este venres, 2 de novembro, enviarémoslles unha carta aos comerciantes explicándolles polo múido cómo facer uso deste servizo, posto que algúns non o coñecen, e outros fan un mal uso del deixando o papel ou o cartón calquera día e a calquera hora diante da porta”.