ABSA E ACIA BURELA FAN ENTREGA DA SEGUNDA CESTA DE PEIXE DA CAMPAÑA “PONTE DE PEIXE EN BURELA”
ABSA e ACIA Burela fixeron entrega esta semana da cesta de peixe que se sorteou tra-la segunda xornada da campaña “Ponte de Peixe en Burela” na pasada ponte do 1 de novembro. A cesta, doada por Armadores de Burela, está composta por peixe variado e valorada en 500 euros.
Abelardo Basanta (presidente de ABSA) e María José Goás (ACIA Burela) fixeron entrega do premio á gañadora Yolanda López Fernández.
A campaña “Ponte de Peixe en Burela” está organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela e inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo).
A campaña “Ponte de Peixe” continúa nesta próxima ponte da Constitución coa celebración de “Ponte de Pulpo en Burela”, que se celebrará nos locais hostaleiros de Burela entre o xoves 6 e o domingo 9 de decembro. De novo se volverá sortear unha cesta e peixe doada por ABSA e valorada en 500 euros entre todos os participantes que selen a súa tarxeta de participación en catro dos locais que participan na campaña.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



