ACIA FOZ SEGUE A REGALAR ATA FINAIS DE MES 100.000 EUROS EN VALES DE DESCONTO. OS QUE SE FAGAN CON ELES PODERÁN CONSUMILOS NUNHA VEINTENA DE LOCAIS COMERCIAIS DO 1 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO DE 2013.
Foz, 23 de novembro de 2012. Segue a campaña promocional da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz ten na que se poñen a disposición dos clientes 100.000 euros en vales desconto, de 5 euros cada un.
Eses vales poderánse canxear dende o 1 de decembro deste ano ata o 6 de xaneiro do 2013 cada vez que se fagan compras superiores a 50 euros en calquera das vinte tendas que participan na iniciativa.
Nesta campaña de ACIA Foz, que se iniciaba hai unhas semanas, participan as tendas Arrullos, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Mapfre, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, Pi-R Hombre, Sant Tropez, Viajes Rodríguez y Zap Chinela.
ACIA Foz segue coa campaña de fidelización do comercio. Xa son máis de 3.000 as persoas que contan coa tarxeta do comercio de Foz, que ofrece descontos permanentes e promocións todo o ano. A tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila é gratuita. Os interesados en tela o único que teñen que facer é dirixirse aos establecimientos asociados e solicitala cando vaian facer unha compra. ACIA Foz subliña que tamén funciona como tarxeta regalo para obsequiar a familiares e amigos nas festas de nadal que se aveciñan.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembran que segue á venta a lotería de nadal nos locais asociados. O número é o 88.759.