“CANTOS CONTOS SOBRE A DEPURADORA DE FOZ”
Efectivamente, todos estos días saen persoeiros a contar contos sobre a depuradora de Foz, mais sempre coa mirada posta nos mesmos, non din nin como foron os feitos da posta en funcionamento da depuradora do porto… polo que narramos brevemente a sua instalación.
1º Gobernando o PP na Xunta, sendo conselleiro de Medio Ambiente; José Manuel Barreiro e apremados pola Unión Europea a sanear as Rías, decídese colocar a depuradora no Porto de Foz, terreos competencia da Xunta de Galicia.
Dende un principio, aos gobernos que a miña persoa presidía disgustáballes o emplazamento, e non só iso se non que abortamos a pretensión de traer polo medio e medio da ría de Foz un tubo cos augas residuais de Barreiros.
2º O lugar elexido para colocar a depuradora era donde está o “parque de Educación Vial” e despois de protestas veciñais debido a que estaba no medio e medio da explanada e a visión era antiestética, colocárona mais gardada, na ubicación actual. De nada valeu protestar e chegaron a decirlle a este exalcalde, que se tiña que poñer en algún lado e que os terreos eran propiedad de Portos, que os cartos que había eran para esa capacidade e que en definitiva non se tiña outra saída, que había exemplos de depuradoras instaladas en situacións similares as de Foz , como a de Burela e outras en localidades de Galicia, o cal lles contestei que algún dia a cambiaríamos.
3º O tomar posesión a Xunta de Touriño, o primeiro que fixen foi pedirlle ao conselleiro de Medio Ambiente do PSdG; Pachi Vázquez, unha entrevista para pedir duas obras importantes: os depósitos de auga e a reformación do canal en Fazouro (obra realizada) e outra, unha depuradora nova con capacidad para 30.000 persoas para Foz que o Conselleiro veu con vos ollos. Ao cabo de certo tempo mandou ao Concello unha carta para poñer terreos á disposición, propoñendo os terreos de Forxán que o propio Conselleiro e os técnicos viron con vos ollos.
4º A oposición pide estudos e máis estudos, problemas con veciños pola ubicación, máis o PSdG sempre se mantivo firme na decisión tomada.
As cousas ian a cambiar debido a que o PP entra na Xunta e nunha entrevista do Goberno de Feijóo co grupo municipal do PP de Foz, decídese parar a instalación ao non tar dacordo coa ubicación.
5º Témome que entre os Gobernantes actuais, os que mandan pola sombra, os que comentan sempre para o mesmo lado, se cometerá a inxusticia de colocarlle a depuradora a quen xa ten depuradora, que non e outra que a Parroquia de Fazouro.
Remato dicindo que existen responsables e muy claros que pararon todo para armar un lío que eles mesmos nin entenden, do contrario, xa estaría a nova depuradora funcionando.
José Maria Garcia Rivera. Ex-Alcalde de Foz