DIA MUNDIAL DO NENO
A efeméride (11 de novembro) data de 1954, cando a Liga de Nacións, precedente das Nacións Unidas, establece que “a Humanidade débelle ós nenos o mellor que ten para ofrecer”. É un día consagrado á fraternidade e á comprensión entre os nenos, destinado a actividades para a promoción do benestar e os dereitos dos rapaces do mundo.
No verán de 1972 – hai xusto 40 anos – celebrárase en Foz a II Feira do Arte Popular Galego. Acudira a ela, amais dunha chea de artesáns individuais chegados de diversos puntos de Galicia a Cidade dos Muchachos, de Ourense, presentando un espectacular stand coa sección de artesanía da mesma no que, á vista do público, producían e vendían pezas de alfareiría, madeira torneada, serigrafía, coiro liso e repuxado, forxa, zocas, cestos, etc. instalando un despacho para o troco de moedas da Cidade (coroas) por pesetas. Era a primeira feira desa modalidade de Galicia, pioneira polo tanto e tivera, nas tres edicións que coñeceo, un éxito excepcional O coro de 60 voces do famoso colectivo gravara un peculiar disco coa colaboración de músicos tan prestixiosos coma o francés Frank Pourcel, que dirixe, entre outras, a canción “A Declaración dos Dereitos do Neno”, peza singular, que sen dúbida resume os postulados da filosofía que en boa medida inspirou a obra do Padre Silva, apóstolo na defensa e protección da infancia marxinada.. Di así: Artígo 1º: Tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. – Artígo 2º: Todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou.-Artígo 3º: Todo neno é libre como o aire que respira, sempre que o aire non estea contaminado Artígo 4º: A verdade sae da boca dos nenos; todo neno ten o dereito de comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. Artígo 5º: Tódolos nenos deben de pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor.- Artígo 6º: Todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. Artígo 7º: Todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. – Artígo 8º: Todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día.
Suso Fernández