PREGUNTAS
1. No pleno do 29 de Decembro de 2011, por parte deste grupo municipal facíase unha pregunta sobre o estado da fonte do Cadafalso, no inicio da rúa Alonso Pérez, dado que estaba practicamente sen caudal. Moitos veciños temían que a auga fora desviada no seu percorrido ata a saida. Por elo solicitábamos a Concellería de Obras que buscase o problema para darlle unha solución a fin de poñela en funcionamento. Por parte da alcaldía, contestábasenos:
“que a esta fonte do Cadafalso ténse moito cariño e levaba mais de vinte anos sin funcionar. Esta fonte foi arranxada e xa se conectaba cuns manantiais veciñais, pero neste intre temos que mirar que é o que pasa co caudal.
Pois ven a pesares do tempo transcurrido e de que nos atopamos xa caseque no inverno segue sen dar o caudal que debería de dar. Dos tres canos que ten, somente funciona un e non ben de todo, outro vota un fio de auga e o terceiro non vota nada. Solicitamos de novo que se busquen as causas e se poña a funcionar correctamente.
2. O servicio de alcantarillado da zona da Granxa en Vieiro, creemos que esta rematado. ¿Cal e motivo polo que nos está operativo?, ¿Cando se vai poñer en funcionamento o mesmo?
3. ¿Ten constancia o Concello da petición do arquivo da Capitanía marítima de Viveiro por parte do museo provincial do mar de San Cibrao?. Solicitamos que se fagan as xestións oportunas por parte do Ayuntamiento para que se quede donde está.
ROGOS
1. Foron varios veciños os que nos preguntaron para que vai servir a calle na rúa de Alonso Pérez, que se está abrindo, por detrais do edificio que se está construindo na actualidade. Por eso ROGAMOS que nos explique o equipo de cal e o motivo da apertura desa calle, e se ia no proxecto e na licencia municipal, e si unha vez rematadas as obras vaise pechar de novo.