A asociación VEA (Vontade, Entrega, Acción) foi creada por un grupo de Barreiros como unha organización sen ánimo de lucro e con iniciativa social. Dentro das súas actividades enmarcanse: un grupo de teatro con postas en escea de obras de caracter social (fíxose unha sobre a muller traballadora en marzo e o próximo domingo 25 de novembro estrease “Ánxela”, obra con motivo do día contra da violencia de xénero); a recollida de tapóns colaborando con nenos que precisan € para os custosos tratamentos das súas enfermidades; colabora co banco de alimentos que se puxo en marcha na Rede de Voluntariado do Concello de Barreiros; entre outras actividades e colaboracións.
Tal e como se adxunta na fotografía, envíase unha mostra da primeira entrega de tapóns efectuada onte ó Banco de Tapóns Baixo Miño, grupo que na actualidade precisa de 40 toneladas de tapóns de plástico para os tratamentos de 3 nenos galegos,Alma de Vigo,Yesi de Redondela y Angel de Lugo
A asociación VEA quere darlle as grazas a tódolos aqueles que colaboraron nesta recollida (sen a súa aportación esta entrega non sería posible) e informar que se continúa a efectuar recollida de tapóns de plástico para estes nenos e os posibles futuros beneficiarios que se poidan sumar.
