COS VOTOS DO PP FORON ESTIMADAS MÁIS DO 80% DAS ALEGACIÓNS PLANTEXADAS AO PXOM. GONZÁLEZ BARCIA AMOSÓUSE SORPRENDIDO POLO VOTO EN CONTRA DO PSOE. O REXEDOR ALUDIU Á POBREZA DE ARGUMENTOS EMPREGADA POLOS SOCIALISTAS PARA XUSTIFICAR ESTA POSTURA E ACÚSAOS DE INCOHERENCIA E DE FALLA DE RESPECTO CARA OS CIDADÁNS QUE PRESENTARON DITAS ALEGACIÓNS.
Burela, 30 de novembro de 2012. No pleno celebrado onte no Concello de Burela foron estimadas máis do 80% das alegacións plantexadas ao PXOM. En total presentaráronse 369 das que se estimaron 300 total ou parcialmente. O equipo de goberno tentou así conxugar os intereses xerais cos lexítimos dos particulares “que teñen pleno dereito a defender aquelo que é da súa propiedade ou que lles interesa”. Na sesión tamén quedou así aprobada unha nova proposta de catálogo para elevarlle a Patrimonio “co obxectivo de que levante a protección, a catalogación que tiña feita sobre determinadas edificacións de Burela”, segundo explicou o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor lembrou que “o informe remitido por Patrimonio ao Concello de Burela ten data de marzo de 2009. A conclusión é que o bipartito nin antes desa data se dignou a falar con Patrimonio para ver qué é o que estaban a facer con respecto ao PXOM de Burela, nin tampouco despois falou con Patrimonio para ver a posibilidade de facer algún tipo de corrección. Eso non nos parece serio”. E subliñou que “o que se busca con ovo catálogo é rebaixar os efectos do remitido ao Concello hai mais de tres anos. Hai ámbitos que hai que preservar, pero o proposto inicialmente non nos parece o máis xusto.
A González Barcia tampouco lle parece seria “a enorme pobreza de argumentos que onte tivo a oposición, especialmente o PSOE. Non se pode vir a un pleno onde se estiman ou desestiman alegacións a un plan xeral dicindo que eles non tiveron participación á hora de elaborar o PXOM. A semana pasada houbo unha reunión da comisión de seguimento do plan xeral, se preguntou si había algunha aportación que facer e a resposta foi negativa. E na comisión informativa celebrada o pasado luns tampouco fixeron aportacións”. O alcalde e seu equipo entenden que “esto é unha demostración de incoherencia e falla de respecto cara os cidadáns e unha auténtica deixación de asunción de responsabilidades, porque este PXOM, a súa maternidade, en boa medida nace no bipartito. Este documento comeza a xestarse no bipartito, pero da a impresión de que para estes señores esa época non existiu e que só esto é competencia do PP. Nós temos que asumir as nosas responsabilidades porque nos tocan agora e as asumimos conscientemente, non facemos coma fan eles”.
Para José Mª González Barcia o máis sorprendente é que o PSOE votou en contra de estimar as alegacións, “o PSOE non quere que se estime o 81% das alegacións presentadas ao PXOM, entón o PSOE está a perxudicar a 300 propietarios. O PSOE está en contra do catálogo que propón o equipo de goberno, co cal de forma indirecta está a favor de que Patrimonio siga catalogando aquelas edificacións incluidas no informe enviado ao Concello en marzo de 2009. E esto é doblemente corroborado pola ausencia de ningún tipo de contacto nin antes nin despois desa data por parte do bipartito para ver de solucionar este problema”.
O alcalde de Burela indicou que “ao votar en contra da estimación destas alegacións o PSOE ponse radicalmente en contra da ampliación do Hospital da Costa, porque dentro desas alegacións aparece unha referida a un escrito remitido polo SERGAS onde pide expresamente que na zona reservada para a amplicación do centro hospitalario se poidan garantir ata un máximo de catro alturas”. E engadiu que “ao votar en contra da estimación de ditas alegacións o PSOE ponse en contra de que o Concello reserve suelo dotacional para novos servizos públicos. Hai agora mesmo suelo dotacional reservado para unha gardería e o PSOE votando en contra no pleno de onte está a decir que non a máis suelo dotacional. E eso será algo que lle deberán explicar aos directores dos dous institutos de Burela, que están bastante preocupados coa falta de espazo que teñen nos seus centros e que xa lle plantexaron ao equipo de goberno un estudio sobre unha posible ampliación dun ou doutro centro”.
“Coa súa actitude o Partido Socialista se está a posicionar radicalmente en contra dos intereses xerais do Concello de Burela e deses 300 propietarios, que grazas ao traballo feito polo PP van ver estimadas total ou parcialmente as alegacións que presentaron ao PXOM”, manifestou o alcalde.