O BNG DE LOURENZÁ LAMENTA A POSICIÓN DO GOBERNO LOCAL ENTRE A COMPAÑIA ELÉCTRICA E OS USUARIOS DA LIÑA
Lourenzá, 8 de novembro de 2012. Dende o BNG de Lourenzá lamentan unha vez máis a actitude do goberno municipal do PP e a súa premura á hora de rexeitar calquera tipo de responsabilidade, ainda que isto sexa consecuente coa política Feijoo.
O BNG laurentino rexeita as acusacións do goberno municipal, pois é o membrete e o selo do Concello o que aparece no bando público emitido pola administración local anunciando os cortes no suministro eléctrico así como as zonas e as horas que se verán afectadas. Os nacionalistas laurentinos fan fincapé no feito de que o goberno local considere, segundo se desprende das súas declaracións, a existencia de cidadáns de primeira ou segunda categoría dentro das fronteiras do Concello. Neste senso o BNG censura as verbas do concelleiro de Comercio, Antonio Reigosa, que se xustifica pouco menos que calificando de menos graves os cortes que se podan producir nunha parroquia que no casco urbán, ainda que en ámbolos casos como todos sabemos paguen o mesmo pola enerxía eléctrica. Dende o BNG queren deixar claro que as declaracións deixadas polo señor Antonio Reigosa son pobres e cortas de miras dado que tamén existen negocios fora do centro, e nesta liña pregúntanse como pode afectar un corte de 7 horas no suministro eléctrico por exemplo a unha explotación gandeira que actualmente está a vendelo leite por debaixo do seu custe de produción. O que para os nacionalistas está claro é que ao negocio do señor Reigosa situado no casco urbán non lle afecta o corte, segundo as súas explicacións, agora só nos falta saber que pasaría se non fose así.
No BNG de Lourenzá queren recordar ao goberno municipal que o feito de suplir a enerxía da rede, por exemplo con xeradores xa se está a facer en moitos Concellos cando se producen tarefas de mantemento ou modificación da rede, e unha vez máis lamentan o posicionamento do goberno laurentino ao que só se lle pedía respaldar aos veciños e os seus dereitos como consumidores.
Creen firmemente no BNG de Lourenzá que si as administración local canalizara e secundara as reclamacións, estas terían moito máis peso fronte á compañía, e recordan a dificultade que os usuarios se encontran sempre á hora de facer reclamacións ás empresas deste sector para que bonifiquen as perdas de servizo ou as facturacións incorrectas, pois cobran o que queren cando queren, sentando a base incorrecta de que para o usuario todo son obrigas sen ningún dereito.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



