O CONCELLO CONVOCA O VI CONCURSO DE MICRORRELATOS E O II CONCURSO DE LEMAS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. OS TRABALLOS PODERÁN PRESENTARSE ATA O 16 DE NOVEMBRO E O DÍA 23 DARÁNSE A COÑECER OS NOMES DOS GAÑADORES.
Burela, 7 de novembro de 2012. O Concello convoca o VI Concurso de microrrelatos e o II Concurso de Lemas para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller que se celebra o vindeiro 25 de novembro.
No VI Concurso de microrrelatos poderán participar persoas empadroadas no Concello de Burela, a temática debe axustarse á data do 25 de novembro. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, explica que “se establecen dúas categorías, unha para menores de 18 anos e outra de 18 anos en diante. Os traballos presentaránse en papel, tamaño A4, cunha extensión máxima de medio folio, preferiblemente en times new roman 12, en ligua galega e ademais en soporte informático, si é posible”. Un xurado composto por persoas do mundo da cultura e das letras, do Concello e do CIM decidirá cales son os dous finalistas entre todos os traballos presentados. Os premios consistirán en sendos vales de compra de 100 euros, canxeables en calquera dos comercios de Burela que sexan membros da Asociación de Comerciantes e Empresarios da vila.
A edil popular sinala que “os microrrelatos deberán entregarse antes do 16 de novembro no CIM do Concello. Terán que ir asinados cun seudónimo e irán nun sobre ao que de adxuntará outro pechado no que figurarán os datos da persoa autora do microrrelato”.
No caso do II Concurso de lemas, Diana Durán indica que “o obxectivo é transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”. Neste concurso poderán participar tamén persoas empadroadas en Burela. Cada un/unha pode enviar un máximo de 5 lemas por correo electrónico a esta dirección cim@burela.org e incluirá o seu nome completo, o número de teléfono e unha dirección de correo electrónico á que se poida responder. Cada lema debe constar de sete palabras coma máximo. Entre todos os presentados escolleráse un, que será o que distinga a celebración do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres do vindeiro ano 2013.
O prazo de entrega dos lemas remata tamén o 16 de novembro. Nas bases figura que a persoa gañadora accederá a que a organización recoñeza públicamente a autoría do lema e divulgue o seu nome. Conservará os dereitos intelectuais sobre o lema, pero renunciará a reclamar calquera tipo de compensación pola utilización do lema por parte do Concello de Burela e por tempo indefinido en calquera mención presente ou futura.
Os premios da sexta edición do Concurso de microrrelatos e da segunda do Concurso de lemas daránse a coñecer nun acto público que se desenvolverá o 23 de novembro ás 12 da mañá no Concello de Burela























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



