Teatro O Bordelo en Mondoñedo
Con motivo da conmemoración dos cen anos do pasamento do insigne poeta mindoniense D. Manuel Leiras Pulpeiro, o sábado, dia 1O, ás 20,30 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo o grupo de teatro O Bordelo de Cervo representará a peza titulada Fume de carozo, orixinal do seu director Francisco Piñeiro quen desta vez incorporou e adaptou poemas e textos do poeta mindoniense homenaxeado.. Con esta representación o grupo de teatro O Bordelo pecha a súa participación no Ciclo Cultural :Que non calen os eidos ” organizado polo Concello de Mondoñedo e patrocinado pola ärea de Cultura da Deputación Provincial . Dito ciclo desenrolouse ó longo de todo o ano percorreu tódalas parroquias do Concello nas que había centro social representando “As verbas do ramo” na que colaboraron outros grupos mariñáns como A Adala de Fazouro, Raiolas de Alfoz ,Ardora de San Cibrao e O Batán de Cangas.