Logo de revisar a Xunta de Goberno
Candia critica a falta de priorización do gasto do Señor Besteiro, quen, nesta ocasión, destina 24 mil euros ao arranxo de dúas fontes en dous concellos da Mariña
. Lembra a Voceira dos populares que o Plan de Cooperación con Entidades Veciñais é un plan que o PP ven denunciando dende sempre por consideralo, entre outros, un programa público dirixido ao pago de obras solicitadas por edís socialistas
. Manifesta a popular que o feito de criticar o destino de 2 millóns de euros a este plan nunca foi un capricho do seu partido e proba diso vese na materialización dos feitos
. Candia insta a Besteiro a que antes de aprobar os orzamentos tome consciencia da situación económica na que estamos a vivir e lembra que a priorización do gasto é unha obriga para as administracións
Lugo 23 de novembro de 2012.- Logo de revisar a Xunta de Goberno de hoxe, a Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia criticou ao Equipo de Goberno do Señor Besteiro por destinar preto 24 mil euros (4 millóns das antigas pesetas, ao arranxo de dúas fontes en dous concellos da Mariña; unha iniciativa que se engloba dentro do Plan de Cooperación con Entidades Veciñais.
“24 mil euros, preto de 4 millóns das antigas pesetas, para o arranxo de dúas fontes. No caso de Foz, o Señor Besteiro destina 11.083 euros para a captación e abastecemento dunha fonte, no lugar de Raulfe, e no caso de Viveiro, destinase 11.996.47 euros para a rehabilitación da fonte de Cadrón”-critica.
A Voceira dos populares é consciente de que todo o mundo quere ter un entorno bonito e agradable pero cando os recursos son limitados hai que priorizar nos accesos a vivendas que en moitos casos está en situación deficiente, ou en benestar, xa que o Equipo de Besteiro, destina menos aos concellos que ao arranxo dunha fonte que empregarán uns poucos veciños.
Elena Candia lembra que o Plan de Cooperación con Entidades Veciñais é un plan que os populares veñen denunciando dende sempre por consideralo, entre outros, un programa público dirixido ao pago de obras solicitadas por edís socialistas e manifesta que o feito de que sempre se criticase o destino de 2 millóns de euros a tal fin non é un capricho dos populares, xa que, de feito, a materialización dos feitos danos a razón.
Conclúe Elena Candia instando ao Señor Besteiro a que antes de aprobar os orzamentos tome consciencia da situación económica e lembra que a priorización do gasto é unha obriga para as administracións e máis neste momento, e non facelo, xustifca que os seus homólogos en Madrid, entendan que as Deputacións máis que unha administración necesaria, sexa un estorbo.