Trasladará a crecente preocupación dos seus veciños que quedarían sen servizos bancarios nestes concellos
O PP forzará ao Pleno da Deputación a rexeitar o peche das oficinas de NovaGalicia Banco en Riotorto e Muras
. Elena Candia pide a Gómez Besteiro que se involucre de xeito inmediato neste obxectivo e, ao igual que o está a facer o PP e a Xunta, inicie as negociacións oportunas cos directivos desta entidade bancaria para que reconsideren esta decisión.
Lugo 24 de novembro de 2012.- A portavoz do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou hoxe a presentación dunha moción que será obxecto de debate na vindeira sesión plenaria a través da que os populares buscarán forzar o rexeitamento da Corporación provincial ao proxectado peche das oficinas bancarias que NovaGalicia Banco ten nos municipios lucenses de Riotorto e Muras.
Elena Candita quere acadar a unanimidade das forzas políticas provincias para instar a Novagalicia Banco a que reconsidere o seu plan de reestruturación e peche de oficinas na provincia de Lugo, “sendo especialmente sensible con aquelas poboacións que non teñen outra entidade bancaria, como acontece no caso dos concellos de Riotorto e Muras”
IMPLICACIÓN DE GÓMEZ BESTEIRO
A edil popular demanda tamén a implicación directa do Executivo provincial que preside Jose Ramón Gómez Besteiro para que, ao igual que o está a facer o PP e a Xunta, inicie as negociacións oportunas cos directivos desta entidade bancaria ao obxecto de que o banco rectifique na intención do peche de oficinas, previsto para antes de que finalice o ano en curso.
Os populares quixeron facerse eco da importante preocupación que teñen os veciños de Muras e Riotorto, a petición tamén do PP local de ambos concellos e logo de manter diversos encontros. Candia volveu a insistir no feito de que, de levarse a cabo o peche “os residentes quedan sen servizo bancario, xa que esta entidade é a única que opera nos citados municipios, o que implicaría a perda dun servizo imprescindible para a poboación”.
UNIÓN E SENSIBILIDADE
Segundo Candia “a unión de veciños e de institucións pode ser a clave para acadar melloras na calidade de vida dos residentes da provincia e a Deputación como o conxunto de institucións teñen a responsabilidade e obriga de trasladarlle a todas as entidades -incluído este banco- as prioridades e as necesidades dos veciños.
Finalmente Candia amosou a súa confianza en que os directivos deste banco sexan “sensibles” ante a problemática que pode xurdir en estes concellos, e teñan en conta polo tanto á hora de valorar a continuidade destas oficinas factores tales como o envellecemento poboacional, o illamento xeográfico dos concellos máis pequenos de rural, así como a dispersión xeográfica.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



