Todo parece indicar que Gómez Besteiro unha vez máis favorece descaradamente co diñeiro dos lucenses a colectivos vinculados politicamente a través do procedemento extraordinario, beneficiando a concellos da súa mesma cor política
O GPP investiga o destino de 33.000 euros por parte da Deputación de Lugo para a Fundación Xosé Soto de Fión presidida por un asesor e edil socialista
Os populares rexistraron ante o organismo competente, a Subdirección Xeral do Protectorado de Fundacións, dependente do Ministerio de Educación, Cultural e Deporte, un escrito no que solicitan copia dos estatutos e das persoas ou entidades que formen parte na actualidade do patronato ou órgano de dirección do ente, así como calquera outra información que puideran facilitar en relación á Fundación
A Fundación Xosé Soto de Fión xa recibira no 2010 outra aportación de 35.000 euros de carácter directo, o que suma uns 68.000 euros concedidos a través do procedemento extraordinario a este ente
Lugo, 13 de decembro de 2012-. O Grupo Provincial Popular investiga o destino de 33.000 euros por parte do Organismo Provincial para a Fundación Xosé Soto de Fión presidida por un asesor e edil socialista a través dun convenio regulador dunha subvención directa e excepcional. Con este fin, os populares rexistraron ante o organismo competente, a Subdirección Xeral do Protectorado de Fundacións, dependente do Ministerio de Educación, Cultural e Deporte, un escrito no que solicitan copia dos estatutos e das persoas ou entidades que forman parte na actualidade do patronato ou órgano de dirección do ente, así como calquera outra información que puideran facilitar en relación á fundación.
Lembran os populares que esta mesma fundación xa recibiu en anualidades anteriores unha aportación de 35.000 euros, o que suma un total de 68.000, concedidos por procedemento extraordinario, polo que todo parece indicar que se trata dun exemplo máis de “práctica cuestionable” que evidencia de novo o uso partidista dos fondos públicos que xestiona a Deputación de Lugo.
Manifestan os populares que o equipo de Goberno do ente provincial –integrado por deputados socialistas e nacionalistas- aprobaron na Xunta de Goberno do sete de decembro un convenio de colaboración regulador dunha subvención directa e excepcional á Fundación Xosé Soto de Fión, presidida e dirixida por un asesor técnico socialista na Deputación provincial e tamén cabeza de lista polo PSOE nas municipais e polo tanto actual edil no municipio do Saviñao.
Esta nova denuncia nace froito do seguemento e control emprendido polos populares tras constatar de maneira reiteirada o abuso descarado de diñeiro público para favorecer a concellos e asociacións da mesma cor política que as das forzas do bipartito a través do procedemento extraordinario e que non permite concorrer a outros colectivos.
Neste mesmo senso, os populares lembran a concesión dunha subvención de 30.000 euros concedida a unha fundación creada a instancia da UPG, ou a concesión, tamén de 30.000 euros outorgada a unha fundación formada a instancias dun sindicato para un estudo sobre o movemento obreiro, entes que non son de Lugo, así como moitos outros exemplos de uso partidista dos fondos públicos que están a conlevar a desatención aos municipios onde non gobernan equipos do PSOE ou do BNG.
Os populares non só fan pública esta denuncia que pon de relevo o uso partidista dos fondos públicos que xestiona a Deputación de Lugo senón que adiantan que presentarán cantas iniciativas de seguimento e control sexan preciso para depurar as responsabilidades políticas e xurídicas que destes feitos puideran derivarse.
Resulta evidente que Gómez Besteiro e Antón Veiga dirixen e forman parte dun goberno -o bipartito da Deputación lucense- cun moi dubidoso compromiso coa transparencia e a ética política o que lles leva a acometer este tipo de prácticas como mínimo cuestionables.
Benestar Social
Candia insta a Veiga a que mostre con datos as cuantías económicas económicas que a Deputación de Lugo destina en servizos sociais
. Os populares aseguran que as cantidades económicas para o 2013 non respaldan as afirmacións de Antonio Veiga no tocante a Benestar Social
. O PP recalca que os datos revelan que o incremento en axudas para o Servizo de Axuda no Fogar foi dun 4.31%, non dun 100% como presume o Equipo de Goberno da Deputación
. Antonio Veiga omite que nas transferencias para Benestar comunitario a familias e institucións sen fin de lucro, reducen a partida nun 95,75%
Lugo, 14 de decembro de 2012-. A Voceira do PP na Deputación de Lugo respondeu as afirmacións verquidas hoxe nos medios de comunicación por parte do Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo. Elena Candia asegura, con rotundidade, que Antonio Veiga minte ao afirmar que a Deputación de Lugo é a que máis inviste en servizos sociais.
“É totalmente falso que o Ente provincial sexa o que máis inviste en servizos sociais polo que lle pido a Antonio Veiga a que demostre con datos que o que dice é certo”
A popular asegura que as cantidades económicas para o 2013 non respaldan as afirmacións de Antonio Veiga
“Os populares analizamos con detenemento as contas provinciais para o vindeiro ano e poidemos comprobar como a Deputación non incrementa nun 100% as axudas para o Servizo de Axuda no Fogar, increméntaoos nun 4.31%”
Elena Candia lembra que o Equipo de Goberno omitíu que nas transferencias para Benestar comunitario a familias e institucións sen fin de lucro reducíu a partida nun 95,75%
Concluíu Elena Candia, que a diferenza do Equipo de Goberno da Deputación, cuxa única preocupación é presumir a conta das súas mentiras, os populares preocúpanse polo rigor e a boa xestión, máxime nun tema tan importante e delicado como o benestar social.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



