A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE ACORDOU CONVOCAR UNHA MANIFESTA NA SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO EN SANTIAGO DIANTE DA XUNTA. FERNANDO SUÁREZ DI QUE ESTA DEMANDA É CADA VEZ MÁIS GRAVE PORQUE CADA DÍA HAI MÁIS XENTE MAIOR, QUE EN MOITOS CASOS TEN QUE MARCHAR A INSTALACIÓNS LONXE DE RIBADEO.
Ribadeo, 21 de decembro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo acordou convocar unha manifestación na segunda quincena do mes de febreiro en Santiago diante da Xunta de Galicia. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que “Ribadeo non quere ser máis que ninguén, pero tampouco vai ser menos que ninguén”.
O rexedor dixo que “se ben é certo que antes das eleccións autonómicas acordamos suspender o tipo de accións reivindicativas para que o novo goberno, fora o que fose, puidera volver retomar este tema e este compromiso, unha vez escollido o novo goberno e os conselleiros e conselleiras do novo goberno volvémonos dirixir estes días á titular de Traballo e Benestar. A ela demandámoslle o compromiso que no seu momento nos deran de que polo menos nos ían recibir. A contestación non foi satisfactoria e entón acordamos entre todos e de maneira unánime, algo moi importante porque todos os membros desta comisión somos duns grupos ou doutros, facer unha concentración en Santiago diante da Xunta para a segunda quincena do mes de febreiro”. Suárez Barcia explicou que “non temos concretado un día, será un luns, porque deberá ser un día laborable e queremos que acuda o maior número de xente posible. O luns é un bó día porque o comercio pecha en Ribadeo e iso posibilitará que máis persoas poidan achegarse a Compostela”.
O alcalde sinalou que “as circunstancias que levaron a que prácticamente 1.000 persoas se manifestaran hai meses en Ribadeo para pedir unha nova residencia non foi un asunto que fose decaendo, senón que cada día é mais grave porque cada vez temos máis xente maior e cada vez temos menos nenos. A idea dunha nova residencia en Ribadeo segue, aínda que xa temos unha, pero é pequena e aínda que funciona moi ben non cubre as expectativas nin a demanda de tanta xente que a día hoxe se ten que acabar indo a residencias lonxanas como Quiroga, como Xove, etc. Ribadeo non quere ser máis que ninguén, pero tampouco vai ser menos que ninguén”.
Fernando Suárez recalcou “a unanimidade de todos os grupos da Corporación de Ribadeo para facer esta acción reivindicativa xa de certo calado”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



