Bañistas e surfistas de Foz quixeron despedir o ano xuntos, polo tanto, os bañistas habituais da Rapadoira que se bañan nesta praia todo o ano, hoxe non perderon a súa cita diaria co mar, e a pesar do vendaval que está afectando a costa e levanta moito as ondas do mar, puxéronlle cara ó temporal, e ás doce en punto da mañá metéronse no mar. Unha vez rematado o chapuzón, saíron a terra, e no lugar de A Sebeira, zona rochosa da Rapadoira, brindaron con champán e almorzaron con mazapáns e turróns.
