BURELA INCLÚE FONDOS NOS PRESUPOSTOS DE 2013 PARA AFRONTAR A CONSTRUCCIÓN DA SEGUNDA ESCOLA INFANTIL. O ORZAMENTO INCREMÉNTASE EN 270.000 EUROS CON RESPECTO AO DO ANO PASADO. GONZÁLEZ BARCIA TÍLDAO DE REALISTA E ASEGURA QUE “PERMITIRÁ MANTER O ACTUAL NIVEL DE SERVIZOS”.
Burela, 18 de decembro de 2012. O pleno do Concello de Burela debatirá o vindeiro xoves, 20 de decembro, os presupostos municipais para 2013 que ascenderán a 6.232.500 euros, 270.000 euros máis que no presente ano, que teñen unha novidade con respecto a 2012, ao incluir unha partida presupostaria para afrontar a construcción da segunda escola infantil da vila.
Así o manifestou hoxe o alcalde burelés, José María González Barcia, que compareceu en rolda de prensa xunto co seu equipo de goberno para dar a coñecer as grandes liñas do presuposto para o vindeiro ano 2013, afirmou que “o presuposto está baseado, con absoluto rigor, nos ingresos netos recoñecidos durante 2012 e de aí non nos desviamos nin un milímetro”. O rexedor indicou que “a premisa de non gastar máis do que se ingresa e pagar o que se debe, é o pilar no que se sustenta o presuposto para 2013”.
González Barcia dixo que “partindo desa premisa, os grandes obxectivos do presuposto de 2013 son manter os servicios sociais que temos na actualidade e se é posible melloralos; seguir mantendo o nivel de servicios que estamos a ofertar, entre eles, por exemplo, a oferta educativa para garantir a apertura dos centros de ensino polas tardes; manter os postos de traballo non temporais existentes no Concello; e ir reducindo todo o que poidamos a carga financieira”.
Barcia indicou que o presuposto municipal de ingresos increméntase en 270.000 euros, “derivado fundamentalmente de que se prevé un ingreso de 140.000 euros por venda de fincas en Torrentes, propiedade do Concello, ingreso que se destinará a afrontar a parte que ao Concello lle corresponde para a construcción da nova escola infantil. Os restantes 130.000 euros veñen derivados da aplicación do imposto sobre plusvalías e da actualización co IPC de determinados impostos, taxas e prezos públicos, así como do lixeiro incremento na participación nos tributos do Estado que se produciu no exercicio que agora remata”.
O alcalde subliñou “a importancia de que a devolución das liquidacións negativas de 2008 e 2009 pasasen de cinco a dez anos porque permite un marxe de maniobra que antes non tiñamos. A decisión do goberno de Rajoy foi acertada”.
González Barcia recoñeceu que “o pago da débeda financieira é fundamental dentro do capítulo de gastos. Se en 2012 pagamos 33.000 euros de intereses polo crédito de 1.100.000 euros solicitado para facer fronte ao pago anticipado a proveedores, orixinado polas facturas que outros gastaron e non pagaron, en 2013 temos que pagar só de intereses 66.000 euros, pero en 2014 serán 215.000 euros entre intereses e capital, e así ata o ano 2022”. Con todo, o alcalde manifestou que durante 2013 quedará totalmente amortizado un dos créditos existentes. “A débeda herdada do antigo Concello de Cervo ainda é moi alta, un millón cen mil euros, e significa unha auténtica lousa para a economía do noso concello”, manifestou.
O alcalde de Burela tamén se refireu á posibilidade de máis axustes: “non están contemplados máis axustes, a non ser que sexan estrictamente necesarios; de feito, sempre que se poida se colaborará cos colectivos e asociacións. Agora ben, o ano é moi largo e non temos a bola de cristal para saber o que pode pasar, ainda que confiamos en que a situación tenda a millorar lentamente”.
Referíndose á nova escola infantil, González Barcia sinalou que “todos coincidimos en que é necesaria para atender a demanda existente; e ademais xenerará postos de traballo. Son consciente de que construila suporá un enorme esforzo para este Concello, pero estamos dispostos a traballar e a buscar as fórmulas para facela realidade”.
No que se refire aos distintos capítulos de gasto, o gasto de persoal, ainda que se incrementa en termos absolutos por mor da actualización dos custes sociais co IPC, porcentualmente diminúe un 1’46%. En canto ao gasto corrente, aumenta en términos absolutos en 56.000 euros, pero porcentualmente diminúe un 1’7%.
No tocante ás transferencias correntes, o aumento é considerable, 170.000 euros, con respecto ao ano anterior. É decir, porcentualmente pasa do 4’9% do presuposto de 2012 ao 7’46% de 2013. Debido fundamentalmente a incluir nesta partida a aportación do Concello para a construcción da nova gardería. O capítulo de investimentos reais, pasa de 154.000 euros en 2012 a 178.000 euros en 2013, o que supón pasar do 2’6% do presuposto ao 2’85%.
Finalmente, González Barcia indicou que “os presupostos son realistas, permitirán manter o actual nivel de servicios, pero non poderemos darnos ningún tipo de alegría”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



