CIUDAD DE ALCORCÓN, ÚLTIMO DESPRAZAMENTO DO ANO PARA O LÍDER DE PRIMEIRA
O Burela FS Pescados Rubén pechará a xira de 2012 viaxando á pista do Ciudad de Alcorcón, rival que non perdeu en absoluto o toque no seu regreso á categoría, tras unha tempada en Segunda, ocupando a quinta praza (20 puntos). Madrileñas e mariñás decidirán a 12ª xornada de Primeira o domingo, ás 13.00 horas.
A escuadra laranxa (29 puntos) ten os obxectivos claros na volta da competición ligueira, co regreso tamén de Peque e Jozi dos seus exitosos periplos internacionais. Hai que manter, ou incluso ampliar, as distancias co segundo, Atlético de Madrid Navalcarnero (26), ao que se lle presenta duelo directo, coa visita do Gironella, terceiro clasificaco (22).
As pupilas de Javier Pardeiro poñerán a proba a súa imbatibilidade ante un equipo cuxas armas residen na fortaleza física e na presión: “Será un encontro difícil; o Alcorcón está facendo moi ben as cousas e se non queremos descoidos temos que saír a gañar” explica con rotundidade a promesa máis nova das laranxas, Paula Cortiñas, que vén de estrearse na preparación de Galicia Sub-17 de cara ao nacional de seleccións territoriais. “Estou contentísima, creo que pouca xente se pode imaxinar a ilusión desta nova oportunidade. Así quítome a pequena espiña que tiña cravada da selección infantil, coa que me lesionei no primeiro adestramento. Vou coa mesma ilusión e ganas coas que traballo todos os días co Burela FS” dixo con certo nerviosismo a pivote cervense, que tamén agradeceu os minutos disputados coa camisola burelista para seguir medrando: “Hai un cambio notable con respecto á tempada pasada; son unha xogadora máis madura. Este ano podo gozar cada vez máis de máis minutos e aprovéitoos como momentos únicos; un calafrío aínda me percorre o corpo cando me avisa Pardeiro para saír, pero tomo un trago de auga e respiro fondo e despois, co apoio das compañeiras, todo é doado” explicou Paula.
A cervense, como o resto das súas compañeiras, agarda encarrilar a loita polo título na recta final desta primeira volta. “Temos que estar preparadas e chegar o mellor posicionadas posible ao final da primeira volta; temos que depender de nós mesmas. Pecharemos con descanso e antes medirémonos ao Navalcarnero e debemos chegar con plento de vitorias para que non se sintan máis fortes; se elas non nos quitan de aí, creo que ninguén o vai poder facer” asegurou o presente e futuro do espírito laranxa.
Adeus a 2012. O cadro de Javier Pardeiro despedirá o ano na casa a vindeira fin de semana. O Burela FS e o murciano Roldán, outro dos que estrean categoría, saltarán á pista de Vista Alegre na véspera de Noiteboa, o domingo 23, ás 12.30 horas.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
