EMIGRANDO QUE É XERUNDIO
Emigrar. Esa parece ser a única alternativa que ten a situación de Galicia, unha emigración que con anterioridade tiveron que facer, en ocasións con dor porque detrás desa viaxe cara ao medo había moita fame ou unha persecución política, pero ás veces, as máis, porque había que encher a despensa porque os nenos teñen o bo costume de comer, pedir, estudar, vivir. Estes días nos que o traballo, a economía non remonta e as débedas chegan puntuais, a angustia de moitos é unha evidencia con só observar actitudes. Os galegos e galegas, xa miramos para outros países como unha alternativa que non só é necesaria senón urxente. Todos sabemos de familias que da noite para a mañá se viron con tres parados na casa, un soldo mísero e xa que logo un negro futuro.
“Amigo hermano gallego…quien no tiene un pariente en la calle Corrientes?….” cantaba o arxentino Angel Montes nun tango que me adicou ala por os anos 80, é certo eu debo de ter máis de 100 parentes emigrados en Arxentina, seis irmáns de miña aboa María de Mon foron para aló, traballaron arreo nas ocupacións máis duras para saír adiante. Tempos pasados, emigración pasada que nada ten que ver coa de hoxe.
As comunicacións, a formación e o amplo coñecemento que temos do mundo, é un flotador en tempos de naufraxio. Hoxe, saír de casa e a innegable facilidade para viaxar ofrece distinta perspectiva e é moi fácil achar galegos emigrantes noutros países; en Londres, por exemplo, puiden falar con moitos, que xa se foron. Uns xestionan un hotel en Brighton, outros serven a mellor paella nun dos escasos restaurantes españois de Londres, o de máis alá imparte clases de español, outro pica discos e algún contaba como bota de menos a súa vila e a súa ría, “a máis bonita do mundo”. É verdade que dicir todo isto agasalla, en casa, escoitando a radio de aquí por Internet é fácil e que o difícil é facelo. Ninguén dixo que sería fácil pero moitos terán que dar o paso de mudar porque os tempos non son bos e a terra por medio axuda a oxixenarse, a ver a vida doutro xeito, a ver que hai substanciosas alternativa fóra. Aquí, pouca cousa. Paradoxos do destino. As xeracións máis preparadas da historia deste pais, son as xeracións máis paradas. Convén reflexionalo con optimismo porque non teño a menor dúbida de que aínda que o mellor pasado non volverá, a vida segue e o mundo é grande.
Otero Regal


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



