O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTOU A SEGUNDA EDICIÓN DAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL QUE LEVAN POR TÍTULO AO SON DO MASMA
As xornadas terán lugar o vindeiro sábado 29 de Decembro, a partir das 16:30 horas, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.
Barreiros, 22 de Decembro de 2012. O Colectivo Cultural Ollomao vén de presentar a segunda edición das súas xornadas de historia local. Nesta ocasión, como broche dun ano de actividades centradas nos ríos do concello e, especialmente, no río Masma; enfocan as xornadas na importancia que tivo e pode volver ter o río que percorre o concello barreirense. Durante este ano o colectivo cultural barreirense realizou diversas actividades co obxectivo de coñecer e pór en valor o Masma e os outros ríos do concello: centrou o seu certame fotográfico nos ríos, fixo varios roteiros ao seu carón, etc. Neste sentido, o título das xornadas coincide co do festival que, impulsado por Ollomao e Tumba e Dálle, se puxo en marcha este mesmo ano, enmarcado nesa mesma liña de posta en valor do río: Ao Son do Masma.
Desde o Colectivo aseguran que “os ríos son unha parte fundamental da paisaxe e tamén da economía e a sociedade en xeral. Desde Ollomao vemos con preocupación que se teñan recursos desaproveitados e se estean perdendo oportunidades de desenvolvemento, por iso pretendemos que a xente poida coñecer o noso río, poñelo en valor e, con iso, aproveitalo como recurso en múltiples aspectos (pesqueiro, turístico, económico, ocio, etc.)”
Para debullar na historia, presente e pasado dos ríos (e do Masma en particular) contarán coa presenza de Manuel Soto Castiñeira, que abrirá as xornadas presentando unha ponencia que leva por título O tempo dos ríos, o tempo da auga. Nela, este catedrático de enxeñaría química da Universidade da Coruña, Director da Revista CERNA – Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente-, coordinador da ILP dos Ríos e co-autor do libro O tempo dos ríos; revisará a problemática ambiental e social da actual xestión da auga e dos ríos, desde o punto de vista da chamada Nova Cultura da Auga.
A continuación, ás 17:15, o Alcalde de Allariz, Francisco García, presentará o modelo de desenvolvemento que se levou a cabo nese concello ourensán (con características poboacionais ben similares a Barreiros) arredor do río Arnoia e como isto foi eixo de desenvolvemento económico, social e cultural do municipio.
A partir das 18:30, terá lugar unha mesa redonda sobre o Masma, na que tomarán parte o veciño de Celeiro e gran coñecedor do río Masma, Javier Fraga; o cronista oficial de Foz, Jesús Fernández; o presidente da asociación de pescadores do Masma, Audítor Rodríguez e un ex-traballador da antiga fábrica de luz, Franciso Salvatierra.
Con esta actividade, explica a presidenta do Colectivo, Tamara Rubiños Varela, “pretendemos que a xente recorde, ou nalgún caso coñeza, o que foi o Masma no seu momento: un dos ríos salmoneiros máis importantes, con unha central hidroeléctrica, con astaleiros, un lugar de ocio… e, con iso, reflexionemos no que podería ser a día de hoxe e o recurso tan importante que se está desaproveitando.”
Desde Ollomao animan a todas as persoas que teñan algún recordo do Masma, que queiran coñecelo ou que desexen ver o que foi, o que é e o que podería ser a participar nestas xornadas, nas que tamén haberá tempo, por suposto, para un coloquio aberto a todas as veciñas e veciños que acudan.
“Para nós é fundamental que a xente vexa que o Masma, neste caso, é o noso río, de todas e todos nós e que entre todas e todos podemos darlle o trato que merece e convertelo nun verdadeiro dinamizador local”, aseguran desde o colectivo cultural.
Como complemento das ponencias e a mesa redonda, as Escolas de Celeiro acollerán ese día tamén unha pequena exposición de fotos antigas do Masma.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



