Co obxetivo de dar cumprimento aos principios de legalidade
O GPP interpuxo unha reclamación administrativa contra o Orzamento Xeral da Deputación de Lugo
. Atopámonos ante unha suposta vulneración do principio de legalidade constitucionalmente proclamado, posto que a insuficiencia de crédito choca frontalmente contra as esixencias normativas previstas
. A dotación orzamentaria da Deputación de Lugo, non cubre o mínimo competencial establecido no decreto de servizos sociais a prestar pola entidade local; uns servizos amparados polo texto constitucional e tan necesarios nestes tempos de crise económica
Lugo, 19 de decembro de 2012-. O Grupo Provincial Popular, interpuxo hoxe unha reclamación administrativa contra o orzamento xeral da Deputación de Lugo, aprobado inicialmente o día 27 do pasado mes de novembro, posto que non garante as competencias en materia reguladas por lei.
Afirma Elena Candia que as contas provinciais para 2013 non cubren o mínimo competencial establecido no decreto de servizos sociais a prestar pola entidade local; uns servizos amparados polo texto constitucional e tan necesarios nesta época de crise
“Percibimos a omisión do crédito necesario para o cumprimento das obrigas esixibles ao Organismo Provincial polo que detectamos un incumprimento do Decreto 99/2012 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais, norma autonómica de Galicia, de obrigado acatamento pola Deputación, que no artigo 31 fixa as competencias mínimas do Ente en materia de servizos sociais para os municipios de menos de 20.000 habitantes”- afirmou Candia, quen engade que, segundo este decreto, as Deputacións provinciais tamén apoiarán prioritariamente o financiamento do SAF básico aos concellos de menos de 20.000 habitantes, así coma o financiamento aos ditos concellos para a contratación de persoal dos equipos con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do profesional de referencia que se regula no artigo 37 deste decreto.
A popular afirma que existen unha serie de cuantías, nas que se detecta unha suposta vulneración do principio de legalidade constitucionalmente proclamado, posto que a insuficiencia de crédito descrita, choca frontalmente contra as esixencias normativas previstas no Decreto.
Conclúe a Voceira do PP na Deputación de Lugo, que na dotación orzamentaria non se cubre o mínimo competencial establecido no decreto polo que co obxetivo de dar cumprimento aos principios de economía procesal e principio de legalidade, o GPP interporá unha reclamación administrativa contra o Orzamento Xeral da Deputación de Lugo para velar polo xusto e correcto uso dos recursos económicos por parte do Ente Provincial.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



