A Deputación emite en directo a través da súa web a presentación do libro Cómo salir de esta
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu ó numeroso público que esta tarde asistiu á presentación de Cómo salir de esta, o novo libro do reputado xornalista José Luis Gómez, no que este aborda a crise pola que atravesa España, e como e cando será posible falar de recuperación económica. A exitosa cita tamén puido seguirse en “streaming”, é dicir, en tempo real, a través da páxina www.deputacionlugo.org grazas á colaboración de técnicos e bolseiros da Fundación TIC, que xa fixeron posible esta mesma semana emitir o Pleno Provincial en directo e de xeito íntegro, por primeira vez na historia do organismo lugués.
Ó acto contou coa participación, ademais da do propio autor da obra, do comentarista económico do xornal El Progreso, Julián Rodríguez, da Directora de Actualia Editorial, Cristina Seco, e do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
“A crise actual xa non económica, senón sistémica, ou o que aínda é peor, é unha crise de valores. Esta situación, obríganos a redefinir a relación entre política e mercados. Por iso, quero felicitar a José Luís Gómez porque vai un paso máis alá, lanzando unha pregunta que transcende o presente para xestionar o futuro: Cómo saír desta, ¿chega a reactivación?”. Tras esta reflexión, o Presidente salientou que “a tarefa principal da Política é establecer a mediación entre a herdanza do pasado, as prioridades do presente e os desafíos do futuro. Por iso, o libro do xornalista que xa avanzou a crise no 2007 non só é económico, é político”.
Gómez Besteiro reivindicou “a redefinición da relación entre poder político e poder económico, entre Estado e Mercado. Esta redefinición é fundamental para un desenvolvemento non só estable, senón sostible. Ou a política recupera a súa capacidade para encauzar ós mercados o a situación que estamos a vivir volverá a reproducirse. E deberiamos estar traballando no modelo de sociedade que queremos despois deste tsunami, na reactivación que apunta José Luis Gómez, porque coa austeridade convertida en ideoloxía para saír da crise, só se nos está a conducir cara unha nova fase do capitalismo alixeirado das conquistas sociais, máis desigual e, inevitablemente, máis indiferente”. O titular provincial concluíu apuntando unha frase de Thomas Edison: “Os que aseguran que é imposible non deberían interromper ós que estamos intentándoo”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



