CASE 700 PERSOAS ASISTIRON Á ESTREA DE “OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE”, PRIMEIRA REPRESENTACIÓN DO RECEN NACIDO GRUPO DE TEATRO DE OLLOMAO.
A venda anticipada tivo que ser interrompida para garantir a venda de entradas en taquilla, as cales se esgotaron aos poucos minutos da súa apertura.
O pavillón do Colexio de San Miguel de Reinante transformouse por unhas horas nun teatro dotado de toda infraestructura precisa para acoller ás case 700 persoas que acudiron á representación da obra “Os vellos non deben namorarse”, de Castelao, na noite de onte.
Este evento, iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao, quixo ser, ademais da presentación dun novo grupo de teatro con carácter de continuidade, unha homenaxe a todas aquelas persoas de Barreiros que hai 41 anos formaban parte do Plantel de Extensión Agraria e, entre outras actividades, levaran a cabo unha representación deste clásico do teatro galego. O dramaturgo Manuel Lourenzo que estivera presente naquela representación, e o seu director Eduardo Gutiérrez, volveron subir de novo ao escenario para lembrar o éxito da obra do ano 71. Manuel Lourenzo que na súa presentación fixo un repaso pola historia dalgunhas das principais postas en escea de “Os vellos non deben namorarse”, sinalou como, casualmente, estas coincidiron moitas veces con épocas de crise que tan fortemente afectan á cultura, e parabenizou a creación e o impulso de novas iniciativas no teatro comunitario como a do recen creado grupo de Ollomao.
A posta en escea deste clásico de Castelao contou coa participación de case 50 persoas entre actrices e actores, maquillaxe e vestiario, técnicos de son e imaxe gráfica, acomodadores, etc., e a dirección de Comba Compoy e Ramón Casas. A nota musical, en riguroso directo, correu a cargo do grupo Tumba e Dálle que acompañou a interpretación cun repertorio creado a medida para a ocasión.
Dende Ollomao amosan a súa ilusión pola boa acollida da presentación deste novo grupo de teatro, e sinalan que haberá novas representacións na contorna coa intención de que todas aquelas persoas que non puideron asistir a esta primeira función por terse completado o aforo, e todas aquelas outras que o desexen, poidan asistir. Dende o colectivo agardan que esta iniciativa axude a achegar a cultura e tamén o talento barreirense a todos os rincóns, especialmente, a aquelas zonas rurais onde a oferta de ocio e lecer é menos ampla; e agradecen a colaboración de todas as entidades, colectivos e persoas que contribuíron a que esta primeira posta en escea fora todo un éxito.























Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



