A VÍA RÁPIDA E A TOMADURA DE PELO
Pois iso: que non sabemos nada pero podemos falar de todo. Falar por non calar e para rir. Moi importante isto último. En realidade é o noso oficio. Dicir moitas tonterías, a ver si con este desvarío logramos a risa e un puñado de verdades que non deixan de ser as nosas.
Os políticos que mandan en Galicia en xeral e na bisbarra en particular tómannos o pelo e trátannos de tontos día si e día tamén, poño, pois, un dos “tropecentos” exemplos para demostralo: A cacareada vía rápida de San Ciprián ata Ferrol, que levan vendendo dende fai 20 anos largos, primeiro coa fallida “Autovía do Atlántico” que por mor de que “Eu nacín en Vilalba”, colleu as de “villadiego” na Espiñeira e deixou o Atlántico e foise po interior, despois coa T da costa e a susodita “Vía Rápida”, que si por alí, que si por acolá, si con túneles, que con pontes, a o fin despois de 12 anos no papel fai case 3 empezou un tramo duns 10 quilometros, dende O Castelo ata a parroquia de Faro en Viveiro, replanteo, desmontes, lenta ía a cousa ata aló por setembro de o 2010, que recollen as máquinas e paran a obra, disque que non teñen cartos, nin vergoña engadiría eu, pero o faime rir, a tomadura de pelo, o descolloe ven cando un mes antes das eleccións aparecen tres maquinitas o pé da ponte do Cruceiro, onde mais se puidera ver, a facer que facían, as maquinitas desapareceron o día seguinte de gañar as eleccións os que se burlan de nós e crense os donos e señores desta terra.
Presupostos da Xunta, pois catro reais e medio para a carreterita de marras, o que ven a ser, segundo os que mandan, mal pero mandan, que os dez quilometros de vía rápida non ficaran ata 2017, ven saíndo a cousa a pouco mais de quilometro por ano, facendo as contas a “vía rápida” chegara ata Landrove no 2040, e a Ferrol a o final do século XXI.
E despois temos que escoltar con a vergoña contida como o que lle escribe os comunicados de prensa ao señor Balseiro, non minta día si e día maten co bo e xeneroso que é o seu partido coa bisbarra, cos portos, co hospital, coas carreteras, co mundo do mar, co deporte, coa incultura, cos labregos, coas mulleres, con Alcoa e así tatachin, tatachin, tartachin.
Cando escoito con atención, doume conta que esta “xente do carallo” ten todo o interese de tomarnos o pelo. Faio a prensa, manipúlanos de aquí cara alá e de alá para acá. Fano os políticos. A relixiosidade, coas súas falsas noticias, o seu benestar barato e a súa manipulación da Palabra. A ciencia que ten moita imaxinación e disfrázaa de lóxica. ¡Por favor! Respecten o que penso. Tómannos por estúpidos. Ou nos deixamos? É que queremos ser manipulados, indoctrinados, medrar nun medio controlado, non pensar? Creo que si, e moléstame, indígname e faime recordar unha vez mais as o dito por Castelao MEXAN POR NOS E DICIMOS QUE CHOVE.
É indignante que saibas que che toman o pelo e que os deixes porque “cara a alá van todos.” Que lles vaia ben. Aquí estarei, feliz, esperando que abran os ollos.
Au revoir!
Otero Regal


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



