Emilio Lousas mantivo unha xuntanza esta mañá con Antonio Crespo, director xeral de Desenvolvemento Rural na que tamén participou o deputado popular Jose Manuel Balseiro
O ALCALDE ACADA O COMPROMISO DA XUNTA PARA O IMPULSO DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA VAL DE ALFOZ
Afecta a 1.600 propietarios nunha ampla extensión que abarca as parroquias de Adelán, Carballido, Castro, San Pedro, Lagoa e Reirado.
Darase prioridade ao amolloamento dos predios resultantes para o que está previsto un investimento de 165.000 euros a executar na presente anualidade.
Santiago, 24 de xaneiro de 2013.- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, conseguiu hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para o impulso da concentración parcelaria “Val de Alfoz”. O rexedor municipal mantivo un encontro, está mañá, co director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, na que tamén participou o deputado popular José Manuel Balseiro e na que avanzaron as previsión da Consellería en relación con este asunto.
A concentración parcelaria “Val de Alfoz” afecta a máis de 1.600 propietarios das parroquias de Adelán, Carballido, Castro, San Pedro, Lagoa e Reirado, nunha extensión tamén aproximada de 1.600 hectáreas.
O compromiso do Goberno galego é o de proceder ao amolloamento dos predios resultantes e, de feito, está previsto un investimento de 165.000 euros a executar, con moita probabilidade, na actual anualidade.
Alcalde e Xunta coinciden en que tras a chegada á responsabilidade de goberno do PP unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar consiste en axilizar os trámites das concentracións parcelarias que están na fase de execución, co fin de que os seus propietarios poidan conseguir unha maior rendibilidade da produción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos.