O Castelo proclámase o gañador do Campionato de Tute Concello de Cervo
-O Mesón da Ría e O Trasgo séguenlle na clasificación empatados a 75 puntos
-Cachito e Moncho, do Castelo, resultaron ser a parella con mellor puntuación
-Os trofeos entregaranse o día 25 de xaneiro nunha cea que terá lugar no Castelo
Cervo, 9 de xaneiro de 2013-O XVIII Campionato de Tute Concello de Cervo disputado nos meses de novembro e decembro xa ten gañador. O equipo do restaurante O Castelo resultou o vencedor absoluto con 79 puntos, seguido do Mesón da Ría, que quedou segundo, e do Trasgo, terceiro clasificado. Estes dous últimos están empatados a 75 puntos, polo que os seus postos na táboa resolvéronse a través do mesmo método utilizado no fútbol para desfacer os empates, o gol average.
Estes equipos recibirán os correspondentes trofeos ao ter quedado entre os tres primeiros. En canto á parella con mellor puntuación foi a formada por Cachito e Moncho, tamén do Castelo, que acadaron 26 puntos. Todos os trofeos serán entregados o venres 25 de xaneiro durante a cea que todos os anos celebran todos os participantes do campionato, que nesta ocasión e por primeira vez terá lugar no Castelo, coincidindo casualmente co establecemento do equipo gañador.
Esta competición, cunha longa tradición no municipio, conseguiu manter nesta edición o mesmo nivel de participación que noutras ocasións, con preto de 60 persoas xogando ao tute distribuídas en sete equipos vinculados ao mesmo número de establecementos e locais de restauración: O Castelo, Mesón da Ría, O Trasgo, Paulino (equipo gañador na anterior edición), Río de Oro, Camarote e Pedregal. Así, durante máis de mes e medio, dende o 6 de novembro ata o 20 de decembro, os equipos enfrontáronse entre eles todos os martes e xoves.
A edil de Deportes quere transmitir os seus parabéns á parella gañadora e tamén aproveitou para darlles as grazas a todos os participantes por “tomar parte neste campionato de Tute que foi posto en marcha coa idea de fomentar a convivencia e a socialización e ao mesmo tempo, dinamizar o sector hostaleiro local”.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



