Cervo acadou a cifra de 83 fogares que xa practican a compostaxe
-Durante o 2012 uníronse a este programa municipal 25 novas familias
Cervo, 4 de xaneiro de 2013-O Concello de Cervo mantivo activo durante todo o 2012 o seu programa de fomento da compostaxe doméstica. Durante este ano, a Concellería de Medio Ambiente fixo entrega de dous lotes de composteiros, o que significa que 25 novos fogares se adheriron ao programa nestes meses. Deste xeito, a cifra de familias que practican a compostaxe chegou ás 83 dende que a administración local puxera en marcha esta iniciativa no 2010.
Este programa municipal comeza co reparto dos composteiros entre os fogares solicitantes pero, ademais, inclúe un labor constante de axuda e resolución de dúbidas dos usuarios así como un seguimento continuado para coñecer de primeira man o seu rendemento e o seu grao de utilización.
Estas visitas, que se producen de forma periódica, son moi proveitosas segundo explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso: “Nos interesa conocer los resultados que se están obteniendo y comprobar si el proceso de compostaje se está realizando correctamente para que los usuarios se beneficien al máximo sus posibilidades”.
Por iso, estas visitas realízanse coa colaboración de persoas voluntarias como Plácido Pérez, un veciño con anos de experiencia na compostaxe e con coñecementos para dar consellos. Estes días a edil de Medio Ambiente estivo percorrendo os fogares nos que se repartiran composteiros na remesa do mes de abril xunto con Plácido. “Por regla general, los resultados están siendo satisfactorios y los composteiros están funcionando a pleno rendimiento” engade Alonso.
A edil destaca a importancia do programa de compostaxe impulsado dende o Concello. “Con esta iniciativa, poco a poco el compostaje se va extendiendo por el territorio cervense, dejando de ser una práctica puntual para convertirse en un hábito que adquieren cada vez más familias”. Alonso resalta a multitude de vantaxes que ten o aproveitamento e reutilización dos residuos orgánicos domésticos, que van dende a redución do volume de lixo xerado ata a utilización do compost producido como abono natural para os cultivos.
“El programa de compostaje continúa y este año tenemos previsto realizar más entregas, al tiempo que seguiremos evaluando el grado de satisfacción y de utilidad de los dispositivos” engade Alonso, que se manifesta moi satisfeita pola boa acollida que está tendo esta iniciativa.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



