ENTREGADOS 30 COMPOSTEIROS A VECIÑOS/AS DE XOVE
O noso Concello está a participar nun Plan Piloto de SOGAMA sobre COMPOSTAXE DOMÉSTICO. No mesmo están incluidas 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle entrega hoxe un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe.
O acto de entrega desenvolveuse hoxe, a partires das 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello, coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Agricultura Dolores Meitín. Esta última, antes de realizar a entrega dos composteiros, deu unha ampla explicación do manexo dos mesmos, co fin de que os veciños/as que van desfrutar desta experiencia pioneira o fagan da mellor maneira posible, para poder sacarlles o máximo partido a estes artilugios.
Para poder participar nesta experiencia piloto houbo unha inscrición previa que se realizou na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello.
Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



