O PP local pídelle ao alcalde que dea explicacións das xestións que fixo ata ao momento no relativo a posta en marcha dun novo plan integral de emerxencias no que están implicadas as administracións local, provincial e autonómica
Mondoñedo, 21 de xaneiro de 2013- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, pídelle ao rexedor local, o nacionalista Orlando González, que dea explicacións das xestións feitas ata o momento no relativo a posta en marcha do novo Plan de Emerxencias no que, segundo quedou deseñado no Protocolo Xeral firmado entre a Xunta e as Deputacións, as Deputacións colaborarán coa Xunta e cos gobernos municipais na posta en marcha dun Plan Integral de Asistencia ás Emerxencias.
En relación a isto, Elena Candia, esíxelle ao rexedor local que rectifique nas súas declaracións nas que a achaca de mentir, xa que a reestruturación do Plan de Emerxencias non vén imposto por ningún partido político. A popular explica que o funcionamento dos novos parques de bombeiros, un servizo que o Grupo Popular agradece, conleva cambios no mapa de emerxencias. Así, puntualiza a popular que neste proceso de reestruturación colaboran tanto as Deputacións, como os gobernos municipais e a Xunta de Galicia.
A portavoz popular asegura que un rexedor municipal debe ser quen de dar resposta e cumprir coas súas responsabilidade, involucrándose na defensa dos mindoniense. Deste xeito, a moción rexistrada polo Grupo Municipal Popular procura a involucración do equipo de goberno local co obxecto de adiantarse e tentar traballar para que neste proceso de reestruturación Mondoñedo non se vexa afectado.
A popular explica que a moción do PP é unha proposta de traballo a seguir que o rexedor local pode aceptar ou non, pero independentemente disto Orlando González non se debe esquecer as súas responsabilidades, asumindo as súas funcións de goberno. Ante isto, Candia pídelle que defenda a súa xestión e que dea conta das actuacións acometidas neste senso, no caso de existir.
Elena Candia asegura que o seu PP local está a traballar e colaborar para acadar proxectos para Mondoñedo, como foi o caso do obradoiro de emprego. Porén, a voceira explica que este traballo non suple ao que debe emprender un rexedor local, polo que lle pide que non esqueza o seu acometido e dea conta das súas xestións.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



