Os Entroidos de Cervo e San Ciprián repartirán cestas típicas e máis de 2.000 euros en premios
Cervo, 19 de xaneiro de 2013-Os programas do Entroido de Cervo e San Ciprián xa está perfilados e tanto a asociación Airiños do Xunco como o Concello fixéronos públicos hoxe. Destacar como prato forte os desfiles de ambas localidades, nos que están previstos os premios habituais. Na presentación dos carteis estiveron as edís de Cultura, Begoña Alonso e Xuventude, Yolanda Pedreira, así como dous membros da directiva de Airiños, Azucena Cabodevila e Carlos Sanz.
No caso de Cervo, Airiños do Xunco deseñou un programa que comezará o sábado día 9 ás 18:30 horas no salón de plenos do Concello co tradicional playback infantil, no que todos os nenos e nenas que o desexen poderán participar interpretando e bailando temas dos seus artistas favoritos. Esta fin de semana comezarán os preparativos nos que a organización reunirase cos pequenos para comezar a planificar os ensaios e así ofrecer un bo espectáculo.
Ao día seguinte, o Domingo de Entroido, terá lugar o desfile, que comezará ás 17:00 horas coa inscrición de todos os participantes. Unha hora máis tarde arrincará a comitiva, que sairá do colexio pasando pola travesía central da vila xirando en Cerámica Gudín con parada final na praza do Souto, onde se fará entrega dos premios aos mellores disfraces segundo as catro categorías establecidas: individuais, parellas, grupos, e comparsas (mínimo 8 compoñentes). Ao mesmo tempo estas categorías estarán divididas segundo as idades en infantís e seniors.
En canto aos premios aos que optan os participantes varían segundo as categorías. Os tres primeiros clasificados en individual e parellas levarán unha figura de Gudín mentres no caso de grupos e comparsas os tres mellores recibirán cestas de produtos para facer o cocido típico de Entroido así como bebida, viño no caso dos adultos. Ademais, todas as comparsas que se inscriban antes do 8 de febreiro recibirán unha cesta.
San Ciprián
No caso de San Ciprián, as actividades postas en marcha polo Concello arrincarán o luns 11 de febreiro cun baile infantil de Entroido que terá lugar ás 18:00 horas na Casa do Mar. Nel haberá un desfile de disfraces, música, xogos, obradoiros e, ao remate, unha chocolatada.
O día grande, o Martes de Entroido, celebrarase o tradicional desfile que partirá ás 18:00 horas do pavillón da Veiga percorrendo as rúas da vila ata chegar á praza dos Campos recuperando así o traxecto tradicional. Unha vez na praza dos Campos, o Concello ten preparada unha carpa cun disc jockey que permanecerá aberta ata a noite.
Xunto ao desfile tamén haberá concurso, no que se premiará aos mellores disfraces en catro categorías: individual, parellas, grupos e comparsas, que se subdividirán segundo as idades en infantil, xuvenil e adulto. Ao mesmo tempo haberá un premio único para a mellor charanga que veña animar a festa. En total está previsto repartir máis de 2.000 euros en premios. A súa entrega na categoría de infantil terá lugar ao remate do desfile mentres a dos xuvenís e adultos será ás 00:00 horas na mesma carpa da praza.
Para participar é necesario inscribirse. Os que o fagan antes do 7 de febreiro terán un premio especial recibindo vales para consumicións nos locais de hostalería da vila. Para anotarse é preciso dirixirse á Casa da Cultura ata o 11 de febreiro, onde están dispoñibles as bases. Dicir tamén que o mesmo día do desfile a inscrición manterase aberta na Casa da Cultura pola mañá e no pavillón da Veiga pola tarde.
Ao mesmo tempo, a asociación cultural península da Paz ofrecerá unha degustación de bolos preñados e empanadas para recadar fondos para as súas actividades a partir das 19:00 horas na praza dos Campos. Ese mesmo día o CIT celebrará a súa Cea de Entroido que terá lugar no restaurante Buenavista.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



